Diferenzas entre revisións de «Coroa dinamarquesa»

Ligazón interna.
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
(Ligazón interna.)
 
== Historia ==
Até finais do [[século XVIII]] a coroa equivalía a 8 marcos. En [[1873]] introduciuse unha nova coroa para [[Dinamarca]], que substituíu aoo ''[[Tálero|rigsdaler]]'' cunha taxa de dúas coroas por ''rigsdaler''. A coroa foi o resultado dos acordos da [[Unión Monetaria Escandinava]] que permaneceu en vigor até o fin da [[Primeira Guerra Mundial]]. Os países fundadores foron [[Suecia]] e Dinamarca, xunto con [[Noruega]] que entraría dous anos máis tarde. O nome común da moeda para Dinamarca e Noruega foi ''krone'', e en Suecia ''krona''. Trala disolución da unión monetaria os tres países decidiron non trocar o nome da moeda.
 
En [[1914]] a Unión Monetaria Escandinava disolveuse cando se abandonou o sistema monetario baseado no ouro. Dinamarca volveu ao estándar de ouro en [[1924]] mais deixouno permanentemente en [[1931]]. Entre [[1940]] e [[1945]], a coroa fixouse ao reichsmark. Ao finalizar a ocupación alemá, introduciuse unha nova taxa de cambio de 24 coroas por [[libra esterlina]], que se viu reducida a 19,34 coroas en agosto do mesmo ano. Cos Acordos de Bretton Woods Dinamarca devaluou a súa moeda con respecto a libra en [[1949]] a unha taxa de 6,91 coroas por [[dólar estadounidense|dólar]]. En [[1967]] unha nova desvalorización resultou en 7,50 coroas por dólar ou 18 coroas por libra.
21.876

edicións