José Ferrer de Couto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 10:
Marchou a [[Nova York]] en [[1860]], onde fixo fortuna. Ao falecer o propietario e director de ''La Crónica'' de Nova York, que defendía os intereses españois nos Estados Unidos, encargáronlle dirixila en 1863. Preferiu fundar e editar un novo periódico, ''El Cronista de Nueva York'', que tamén dirixiu e desde onde denunciou as piraterías contra as repúblicas hispanoamericanas e contra as illas españolas, apoiando ao embaixador e escritor [[Gabriel García Tassara]]. Dedicouse a esmiuzar e desentrañar as mentiras da prensa estadounidense, e loitou contra os independentistas cubanos emigrados. Tamén escribiu ''Cuba puede ser independiente''.
 
Encabezou nos estados do norte a oposición aos plans abolicionistas de [[Abraham Lincoln]] co seu libro de 1864 ''Los negros en sus diversos estados y condiciones, tales como son, como se supone que son y como deben ser'', publicado simultaneamente en inglés e español, e que lle atraiu a inquina dos medios [[Abolicionismo|abolicionistas]]. É un estudo para xustificar económica, histórica e moralmente a práctica da [[escravitude]] -que Ferrer de Couto non recoñece como tal, senón como "traballo organizado dos negros"- e ten como propósito ser unha base de acordo para que os dous bandos da [[Guerra de Secesión]], o norte de [[Lincoln]] e o Sursur de [[Jefferson]], a preserven sexa cal fora o resultado final da guerra:
 
:''Tratando de facilitar un acomodamento honroso entre o Norte e o Sur dos Estados Unidos pensáronse e escribíronse todos os argumentos deste libro''.