Ciencia medieval: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 51:
As cidades tamén foron abandonando a súa dependencia agraria, crecendo en torno dos [[Castelo (fortificación)|castelos]] e [[mosteiro]]s. Neste ambiente receptivo, comezaron a abrirse novas [[escola]]s ao longo de todo o continente, incluso en cidades e vilas menores.
 
No campo intelectual, os cambios foron tamén froito do contacto co mundo [[Oriente|oriental]] e [[Arabia|árabe]] a través das [[CruzadaCruzadas]]s e, sobre todo, do movemento de [[Reconquista]] da [[península Ibérica]]. Nesta altura, o mundo islámico encontrábase bastante máis avanzado en termos intelectuais e científicos que o mundo cristián.
 
Os autores árabes mantiveran durante moito tempo un contacto regular coas obras clásicas gregas ([[Aristóteles]], por exemplo), e fixeran un traballo de tradución que se tornaría valioso para os pobos occidentais, xa que por este medio volveron entrar en contacto coas súas raíces eruditas que foran "esquecidas".