Anticorpo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 154:
 
Algunhas partes do anticorpo teñen funcións únicas. Os extremos dos brazos do "Y", por exemplo, conteñen o lugar que se une ao antíxeno e, por tanto, recoñecen elementos estraños específicos e neles acana os extremos [[N-terminal]] das cadeas polipeptídicas lixeira e pesada. Esta rexión do anticorpo chámase [[fragmento de unión ao antíxeno]] ou rexión Fab. Está composta por un dominio constante e outro variable de cada unha das cadeas lixeira e pesada do anticorpo.<ref name= putnam79>{{cita publicación periódica|autor=Putnam FW, Liu YS, Low TL|título=Primary structure of a human IgA1 immunoglobulin. IV. Streptococcal IgA1 protease, digestion, Fab and Fc fragments, and the complete amino acid sequence of the alpha 1 heavy chain|revista=J Biol Chem|volume=254|número=8|páxinas=2865–74|ano=1979|pmid=107164}}</ref> O [[parátopo]] está conformado polos dominios variables das cadeas pesada e lixeira no seu extremo [[amino terminal]].
O papel que desempeña a base ou pé do "Y" consiste en modular a actividade da célula inmunitaria. Esta rexión chámase [[fragmento cristalizable]] ou Fc e está composta por dous ou tres dominios constantes de ambas as cadeas pesadas, o tipo de cadea pesada depende da clase do anticorpo. O pé termina nos extremos [[C-terminal]] das cadeas pesadas.<ref name=Janeway5 /> Mediante a unión a proteínas específicas a rexión Fc asegura que cada anticorpo xera unha resposta inmune axeitada para un antíxeno dado.<ref>{{cita publicación periódica|autor=Huber R|título=Spatial structure of immunoglobulin molecules|revista=Klin Wochenschr|volume=58|número=22|páxinas=1217–31|ano=1980|pmid=6780722|doi=10.1007/BF01478928}}</ref> A rexión Fc tamén se une a varios [[Receptor celular|receptores celulares]] como o [[receptor do Fc]] e outras moléculas do sistema inmunitario como as proteínas do [[Sistema do complemento|complemento]]. Ao efectuar isto, intervén na mediación de diferentes efectos [[fisioloxía|fisiolóxicos]] como ao recoñecemento de partículas [[opsonización|opsonizadas]] (uníndose a FcγR), [[lise]] celular (uníndose ao complemento) e desgranulación das [[célula cebada|células cebadas]], [[basófilo]]s e [[eosinófilo]]s (uníndose a FcεR).<ref name = woof /><ref>{{cita publicación periódica|autor=Heyman B|título=Complement and Fc-receptors in regulation of the antibody response|revista=Immunol Lett|volume=54|número=2-3|páxinas=195–9|ano=1996|pmid=9052877|doi=10.1016/S0165-2478(96)02672-7}}</ref>
 
== Función ==