Ciencias naturais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxo
Xoio (conversa | contribucións)
Liña 131:
O [[Califa]] [[Harún ar-Rashid]], apaixonado da [[astronomía]], crea en [[829]] en Bagdad o primeiro [[observatorio]] permanente, o que permitiu aos seus astrónomos realizar os seus propios estudos do movemento dos astros. [[Al-Biruní]], retomando os escritos de [[Eratóstenes]], calcula o diámetro da Terra e afirma que ela xira sobre si mesma, moito antes que [[Galileo]]. En [[832]] fúndanse as [[As Casas da sabedoría|Casas da sabedoría]] (''Bait al-hikma''), lugares onde se comparte e desde onde se difunde o saber.
 
En [[medicina]], [[Avicena]] ([[980]] - [[1037]]) redacta unha monumental enciclopedia, a ''[[Qanûn]]''. [[Ibn Nafis]] describe a [[circulación sanguínea]] pulmonar, e [[Abu Bakr Mohammad Ibn Zakariya al-Razi|al-Razi]] recomenda o uso do [[etanol|alcohol]] en medicina. No [[século XI]], [['''Abu-l-Qasim az-Zahrawi]]''' (coñecido como [[Abulcasís]] en Occidente) escribe unha obra de referencia para a época, sobre a [[cirurxía]].
 
En [[matemáticas]] a herdanza antiga salvagárdase e profundízase, permitindo o nacemento da [[álxebra]]. A utilización das [[cifras árabes]] e do [[cero]] fan posíbel os avances en [[Combinatoria|análise combinatoria]] e en [[trigonometría]].