Enric Sagnier: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB
Soleil222 (conversa | contribucións)
Sustituyo "capital catalana" por "capital catalá".
Liña 12:
'''Enric Ferran Josep Lluís Sagnier i Villavecchia''', [[Marquesado de Sagnier|marqués de Sagnier]], nado en [[Barcelona]] o [[21 de marzo]] de [[1858]], e finado [[ibídem]] o [[1 de setembro]] de [[1931]],<ref name="Santi02">[[#sagnier|Barjau 1992]], páx. 15.</ref> foi un [[arquitecto]] [[Cataluña|catalán]]. A maioría das súas obras atópanse en Barcelona. Autor prolífico, foi posiblemente o arquitecto con maior número de construcións na cidade condal (preto de 300 edificios documentados).<ref>Ramón Úbeda, ''Una obra de pes'', a ''Sagnier. Arquitecte, Barcelona 1858-1931'', páx. 15.</ref> Sagnier foi un arquitecto ben relacionado coas clases dirixentes barcelonesas, das cales recibiu varias encargas.
 
De estilo [[Eclecticismo|ecléctico]] cunha certa tendencia [[Clasicismo|clasicista]], estivo preto do [[Modernismo catalán|modernismo]] de moda na época na capital catalanacatalá, pero interpretándoo dun xeito sobrio e funcional. A súa principal fonte de inspiración é a arquitectura [[Idade Media|medieval]], sobre todo [[Arte románica|románica]] e [[Arte gótica|gótica]]. En troques, non foi proclive a estilos exóticos daquela de moda, como o [[Arte mudéxar|neomudéxar]] ou os estilos [[Arte islámica|árabes]] e orientais.<ref name="Oriol">Oriol Pi de Cabanyes, ''L'arquitecte Sagnier'', a ''Sagnier. Arquitecte, Barcelona 1858-1931'', páx. 17.</ref> Pódese distinguir a súa traxectoria en tres etapas: antes de [[1900]] traballa cun estilo ecléctico, monumental e grandilocuente; de [[1900]] a [[1910]] achégase máis ó modernismo, o que se percibe nun maior sentido decorativo da súa obra nestas datas, con especial influencia da arte [[rococó]]; e dende 1910 mantén un estilo clasicista de influencia [[Francia|francesa]], afastado das modas do momento.<ref>[[#sagnier|Barjau 1992]], páx. 12.</ref>
 
== Notas ==