Partos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎O fin baixo os sasánidas: Imperio Sasánida
Servando2 (conversa | contribucións)
amaño ligazón
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 9:
 
== Xeografía ==
Partia correspóndese en liñas xerais coa metade occidental do [[Gran Khorasán|Khorasán]]. Estaba limitada pola cadea montañosa [[Kopet Dag]] no norte, o que hoxe sería a fronteira entre Irán e [[Turkmenistán]], e o deserto de [[Dasht-e-Kavir]] no sur. Limitaba con [[MedosMedia (Oriente Medio)|Media]] no oeste, [[Hircania]] no noroeste, [[Marxiana]] no nordeste e [[Aria (Afganistán)|Aria]] no sueste.
 
Durante a época arsácida, Partia uniuse con Hircania, que hoxe queda en parte en Irán e en parte en Turcomenistán, como unha soa unidade administrativa, e esa rexión é polo tanto frecuentemente, segundo o contexto, considerada unha parte da propia Partia.
Liña 18:
[[Ficheiro:Darius-Vase.jpg|miniatura|160px|'''Darío I''', ''O Grande'', rei dos persas.]]
 
Como unha rexión habitada polos partos, Partia aparece por primeira vez como unha [[entidade política]] nas listas [[aqueménidas]] dos gobernos locais ("satrapías") baixo o seu dominio. Antes diso, os pobos da rexión parece que estiveran sometidos aos [[MedosMedia (Oriente medio)|medos]],<ref>Diakonoff, I. M. (1985): "Media I: The Medes and their Neighbours", in Gershevitch, Ilya, ''Cambridge History of Iran, 2''. Cambridge University Press, páx. 127.</ref> e textos [[asiria|asirios]] do [[século VII]] mencionan un país chamado ''Partakka'' ou ''Partukka'' (aínda que pode que non coincidira topograficamente co que logo foi Partia).<ref>Diakonoff, ''Op. cit.'' páx. 104.</ref>
 
De calquera maneira, un ano despois de que [[Ciro I]] derrotase ao medo [[Astiaxes]], Partia converteuse nunha das primeiras provincias en recoñecer a Ciro como o seu gobernante, "e esta alianza asegurou os flancos orientais de Ciro e lle permitiron dirixir a primeira das súas campañas imperiais contra [[Sardes]]".<ref>Mallowan, Max (1985): "Cyrus the Great", in Gershevitch, Ilya, ''Cambridge History of Iran, 2'', Cambridge University Press, páx. 406.</ref> Segundo as fontes gregas, despois de que [[Darío I]] se fixera co trono aqueménida, os partos uníronse co rei medo [[Fraortes, rei medo|Fraortes]] para rebelarse contra el. [[Histaspes]], o gobernador aqueménida da provincia, conseguiu reprimir a revolta, o que parece que ocorreu contra aos anos [[-522|522]] a.C. / [[-520|520]] a.C.