53.373
edicións
m (→O período post-Alexandre: Arranxos varios) |
(amaño ligazón) |
||
'''Atropates''', nado
==
=== Contexto histórico ===
Nada se coñece dos inicios de '''Atropates''' (''Âtarepâta'' en [[lingua persa|persa]]), pero é seguro que os seus pais eran zoroastrianos. Isto dedúcese polo seu nome, cuxo significado é “gardián do lume”, e é o mesmo nome dun dos fillos do lendario profeta [[Zoroastro|Zaratustra]]. A familia de Atropates debía ser rica e influente porque o seu fillo era sátrapa de Media.
Durante ese inverno, Atropates ofreceu hospitalidade ao rei na capital da súa satrapía, [[Ecbatana]]. Darío tratou de recrutar un novo exército, pero este non estaba aínda listo cando Alexandre, que xa saqueara [[Persépole]], se achegaba ao rei en xuño do [[-330]]. O rei fuxiu ao leste e posteriormente foi asasinado por [[Besos]].
=== Home de confianza de Alexandre ===
Atropates rendeuse ao invasor e foi renomeado sátrapa. Alexandre quería gañarse á poboación nativa con este tipo de accións. Outros persas como [[Mazaeo]] e [[Artabazo II]] recibiron tamén cargos importantes no novo imperio.
Medio ano despois, Alexandre falecía e os comandantes macedonios repartíanse as satrapías no convenio de [[Triparadiso]], no [[-321]]. Media foi dividida. A parte sur, que controlaba o camiño do oeste ao leste, foi dada a [[Peitón]], pero a parte norte, que estaba máis lonxe e carecía de importancia para os macedonios que loitaban pola herdanza de Alexandre, permaneceu como parte do reino independente de Atropates. Isto é o último que sabemos de Atropates de fontes [[Grecia|gregas]]. Está practicamente ausente por completo nas historias das guerras dos [[Diádocos]].
=== O período post-Alexandre ===
Pero a tradición zoroastriana cóntanos a continuación da historia. Durante o reinado de Alexandre, os seguidores desta relixión foron perseguidos. Algúns deles eran persoas leais a Alexandre, como por exemplo o mesmo Atropates, pero outros ofreceron resistencia.
Despois de que o imperio fose dividido entre os líderes macedonios, Atropates quedou como un dos líderes nativos. Parece que ofreceu un refuxio seguro aos zoroastrianos. Segundo a mesma fonte comentada no parágrafo anterior, Atropates foi visto como unha especie de poderoso protector da súa xente, algo que tamén se suxire polo feito de que o seu nome se mantería vivo no nome da súa satrapía, a cal foi coñecida durante séculos como Media Atropatena. Mesmo hoxe en día, o seu nome perdura no nome ''Âzarbayjân'', dúas provincias ao norte da moderna [[Irán]], [[Acerbaixán Oriental]] e [[Acerbaixán Occidental]] (non confundir co país do mesmo nome [[Acerbaixán]]).
==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.livius.org/as-at/atropates/atropates.htm Atropates] en [http://www.livius.org Livius.org] (en inglés).
|
edicións