Cólquida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
amaño ligazón
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 2:
A '''Cólquida''' foi o reino xurdido da confederación dos [[Kholka]] sobre o [[século -IX|século IX a.C.]]. Os kholka e o seu reino de Cólquida destruíron a confederación de [[Deiaéna|Diaochi]] ([[século -VIII]]), pero iso os puxo en contacto directo con [[Urartu]]. Nas fontes de Urartu menciónanse numerosas cidades reais da Cólquida e parece, pois, que xa no [[século -VIII]] tiña un bo grao de civilización. Un só rei gobernaba a Cólquida, e en cada provincia había un gobernador. Este reino de Cólquida aparece ao mito dos '''[[Argonautas]]''', que foron á Cólquida buscar o '''[[vélaro de ouro]]'''. [[Esquilo]] e [[Píndaro]] serían os primeiros en mencionar a Cólquida, que anteriormente era chamada Aea, porque foi a suposta residencia do rei [[Eetes]], quen, segundo os gregos, gobernaba a Cólquida.
 
Sobre o [[-750]]/[[-748]] o rei [[Sardur II]] de Urartu invadiu o país e devastouno na parte sur. Sobre o [[-747]]/[[-741]] volveu e conquistou a residencia real de Ildamuche, que era a sede dun goberno provincial. Pouco despois comezaron as arremetidas dos [[cimerios]], que os xeorxianos chamaron Ghmir e que provocaron moitos danos e mortos. Atrás súa viñeron os [[escitas]], e o país quedou asolado. Os xeorxianos da montaña baixaron á chaira ,e iso desorganizou a economía. Pero a autoridade do rei mantívose. Os gobernadores (chamados Sceptuchs) rexían as provincias. Os escitas e os [[Media (riente Medio)|medos]] destruíron Urartu o [[-590]], e o lugar de Urartu foi ocupado polas tribos [[armenia]]s. Así, a Cólquida e [[Armenia]] convertéronse en veciñas. O rei da Cólquida aínda consta como un dos que, o [[século -V]], enviaba imposto ao rei dos [[Dinastía Aqueménida|aqueménidas]] de [[Persia]] (que o [[-521]] derrubaran aos medos). O imposto, que se enviaba cada cinco anos, eran cen mozas e cen rapaces mozos escravos.
 
A partir xa do [[século -VI]], os gregos comezaron a colonizaren a costa da Cólquida. Así, [[Phasis]] (Poti), [[Guienos]] (Otxamtxira), Dioskuria ou Dioscuria ([[Sujumi]]) e unha de nome descoñecido na [[Adjaria]]. As fontes gregas fan mención da cidade de Kutaia (hoxe [[Kutaisi]]), importante centro do reino e o lugar tradicional de nacemento de [[Medea]], e tamén se atoparon os restos arqueolóxicos dalgunhas outras cidades, a principal das cales é [[Vani]]. No século -V aparece a economía monetaria na Cólquida. Sobre o século -IV a parte oriental cae baixo dominación do reino de Iberia e o reino pasa a ser chamado [[Egrissi]] nas fontes xeorxianas. Este reino, non sempre foi gobernado por un rei único.