Diferenzas entre revisións de «Esmerdis»

amaño ligazón
m (Arranxiño)
(amaño ligazón)
{{Biografía}}
'''Esmerdis''' (en [[lingua persa|persa]] بردیا ''Bardiyā'', tamén chamado ''Bardia'' ou ''Bardija''), finado en [[-521]], é o nome [[lingua grega|grego]] dun dos antigos reis de [[Persia]] da dinastía [[aqueménida]] (morto en [[-521|521 a.C.]]). O seu nome grego impúxose ao tradicional persa, debido en parte ás formas adaptadas ao grego polos autores clásicos desta cultura. [[Ctesias de Cnido|Ctesias]] chámao ''Tonyoxarces'' (''Pers.'' 8); para [[Xenofonte de Atenas|Xenofonte]], quen recolle o seu nome de Ctesias, é ''Tanooxares'' (''Cyrop. VI.'' 7); [[Marco Xuniano Xustino|Xustino]] chámao ''Mergis'' (i. 9); e [[Esquilo]], ''Mardos'' (''Pers.'' 774). O nome '''''Esmerdis''''' ou '''''Smerdis''''' aparece así escrito nos [[poema]]s de [[Anacreonte]] e [[Alceo de Mitilene|Alceo]].
 
== Traxectoria ==
O seu nome grego impúxose ao tradicional persa, debido en parte ás formas adaptadas ao grego polos autores clásicos desta cultura. [[Ctesias de Cnido|Ctesias]] chámao ''Tonyoxarces'' (''Pers.'' 8); para [[Xenofonte de Atenas|Xenofonte]], quen recolle o seu nome de Ctesias, é ''Tanooxares'' (''Cyrop. VI.'' 7); [[Marco Xuniano Xustino|Xustino]] chámao ''Mergis'' (i. 9); e [[Esquilo]], ''Mardos'' (''Pers.'' 774). O nome '''''Esmerdis''''' ou '''''Smerdis''''' aparece así escrito nos [[poema]]s de [[Anacreonte]] e [[Alceo de Mitilene|Alceo]].
 
Esmerdis era o fillo menor de [[Ciro II]] o Grande, e irmán de [[Cambises II]]. De acordo con Ctesias, no seu leito de morte Ciro designouno como gobernador das provincias orientais do imperio persa (cf. [[Xenofonte de Atenas|Xenofonte]], ''Cyrop. VI.'' 7). De acordo con [[Heródoto]] e co propio [[Darío I]], sucesor de Esmerdis (tal como Darío mandou gravar na [[inscrición de Behistún]]), [[Cambises II]], antes de partir en campaña contra [[Exipto]], ordenou matar secretamente ao seu irmán Esmerdis, temendo que puidese intentar unha rebelión durante a súa ausencia. A súa morte non foi coñecida polo pobo, polo que na [[primavera]] do ano [[-522]] un usurpador, pretendendo ser Esmerdis, se proclamou rei de Persia nas montañas próximas á cidade de Pishiyauvda.
Debido ao goberno despótico de Cambises e á súa longa estancia en Exipto, o pobo enteiro (persas, medos e o resto de nacións do imperio) recoñeceu ao usurpador, especialmente cando este autorizou a baixada dos impostos durante tres anos ([[Heródoto]], iii. 68).
 
Decatado destes feitos, Cambises emprendeu a marcha desde Exipto contra o usurpador, pero comprobando que non quedaban esperanzas para a súa causa, acabou suicidándose na [[primavera]] do ano [[-521|521 a.C.]]. Segundo nos conta o propio Darío, o verdadeiro nome do usurpador era [[Gaumata]], un sacerdote [[mago]] de [[MedosMedia (Oriente Medio)|Media]]; este nome foi preservado por [[Xustino]] (i. 9), pero adxudicado ao irmán do usurpador, quen é sinalado como o verdadeiro instigador da intriga, e o cal recibe á súa vez o nome de ''Oropastes'' (''Patizeithes'' segundo Heródoto; segundo Ctesias, ''Sphendadates'' ou ''Esfendádates'').
 
A historia do falso Esmerdis é narrada por Herodoto e Ctesias de acordo coa tradición oficial, recollida na inscrición de Behistún; antes de morrer, Cambises confesou publicamente o asasinato do seu irmán, polo cal a fraude do usurpador que se facía pasar por Esmerdis quedou ao descuberto. Pero, como nos conta Darío, ninguén se atreveu a opoñerse ao usurpador, quen gobernou todo o imperio durante sete meses. Algúns contratos que datan do seu reinado foron achados en [[Babilonia]], nos que aparece o nome ''Barziya''. A inscrición de Darío explica que o falso Esmerdis destruíu algúns templos (que Darío mandou reconstruír máis tarde, durante o seu reinado), e trasladou as casas e rabaños de moitas xentes ([[Inscrición de Behistún]], i. 14), o cal provocou un gran malestar entre os pobos do imperio.
52.639

edicións