Teléfono intelixente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xoacas (conversa | contribucións)
Liña 7:
As aplicacións poden ser desenvolvidas polo fabricante do dispositivo, polo operador ou por un terceiro. O termo intelixente/smart fai referencia a calquera interface, como un teclado [[QWERTY]] en miniatura, unha pantalla táctil ou simplemente o [[sistema operativo]] móbil que posúe, diferenciando o seu uso mediante unha exclusiva disposición dos menús, teclas, atallos etc.
 
O completo soporte ao correo electrónico parece ser unha característica indispensábel atopada en todos os modelos existentes e anunciados dende 2007. Case todos os teléfonos intelixentes tamén permiten ao usuario instalar programas adicionais, normalmente inclusive desde terceiros -feito que dota a estes teléfonos de moitísimas aplicacións en diferentes terreos-, pero algúns vendedores gustan de tachar aos seus [[Teléfono|teléfonos]] como intelixentes aínda cando non teñen esa característica. Algúns exemplos de teléfonos denominados intelixentes son: Serie MOTO Q de [[Motorola]], [[Nokia]] series E, series N e algún modelo da serie X como o X6 [[BlackBerry]], Samsung Galaxy S, [[iPhone]] e todos os que teñen o sistema operativo [[Android]], por exemplo: [[Google Nexus]] One, Motorola Milestone e Sony Ericsson Xperia Arc.
 
Entre outras características comúns está a función multitarefa, exceptuando as versións anteriores a iOS 4.0 , o acceso a [[Internet]] vía [[Wifi]] ou [[3G]], aos programas de axenda, a unha [[Cámara fotográfica|cámara]] dixital integrada, administración de contactos, acelerómetros, [[GPS]] e algúns programas de navegación así como ocasionalmente a habilidade de ler documentos de negocios en variedade de formatos como [[PDF]] e [[Microsoft Office]].