Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
 
== Traxectoria ==
[[Pińsk]], a súa cidade natal, pertencía nos anos trinta á provincia polaca de [[Kresy]], na súa fronteira oriental, mais na actualidade é territorio [[BielorrusiaBelarús|bielorrusobelaruso]]. Sufriu na súa infancia as consecuencias da [[Segunda Guerra Mundial]], o que marcou a súa vida e obra posteriores. Despois de estudar Historia e Arte na [[universidade de Varsovia]], comezou a traballar no semanario ''Sztandar Młodych'' a comezos da década de 1950 como reporteiro de asuntos locais. Por unha casualidade foi destinado á [[India]] para facer reportaxes sobre aquel país, como consecuencia da visita do [[Pandit Nehru]] a [[Polonia]] e do achegamento entre os gobernos dos dous países. A partir de aí comezou unha carreira como xornalista internacional por [[China]], [[América Latina]] e sobre todo a [[África]] da [[descolonización]], como único correspondente da [[Axencia Polaca de Prensa]] no mundo en desenvolvemento.
 
Colaborou tamén en ''[[Time]]'', ''[[The New York Times]]'' e ''[[Frankfurter Allgemeine Zeitung]]'', como correspondente de guerra durante moitos anos e acadando un grande éxito grazas ó seu peculiar estilo, que o converteu nun xornalista de culto e figura relevante da cultura a nivel mundial.
189.203

edicións