Bandeira de Navarra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Chabi (conversa | contribucións)
Nova páxina: 300px|right|thumb|Bandeira de Navarra. En 1910, foron tres persoas afíns ao nacionalismo vasco, Campión, Altadill e [[Oló...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 10 de setembro de 2007 ás 20:36

300px|right|thumb|Bandeira de Navarra.

En 1910, foron tres persoas afíns ao nacionalismo vasco, Campión, Altadill e Olóriz, os que deseñaron a actual bandeira de Navarra, que ese mesmo ano aprobou a Deputación Navarra e que foi recoñecida pola Lei Orgánica de Reintegración e Amejoramiento do Réxime Foral de Navarra (LORAFNA), de 10 de agosto de 1982, que establece no seu artigo 7.2: "A bandeira de Navarra é de cor vermella, co escudo no centro."

Así mesmo, o escudo de Navarra está formado por cadeas de ouro sobre fondo vermello, cunha esmeralda verde no centro de unión dos seus oito brazos de elos e, sobre elas, a Coroa Real, símbolo do antigo Reino de Navarra. A imaxe das cadeas adoptaríase, segundo unha explicación tradicional, tras a participación de Sancho VII o forte na batalla de As Navas de Tolosa no 1212

A bandeira de Navarra vén usándose como símbolo do territorio desde 1910. Elixiuse a cor vermella para o pano por ser este a cor do campo do escudo.

Enlaces externos

Ficheiro:Bandeira Navarra.png
Estandarte dos monarcas de Navarra desde 1212.
 
Estandarte dos Reyes de Navarra desde 1212. (Versión antiga)