Historia da Unión Soviética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*recrudecer: recruar, ( t. aumentar, agravar...)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''historia da [[URSS]]''' comezou en [[decembro]] de [[1922]] ao establecerse a Unión das Repúblicas Rusas, Ucraínas, BielorrusasBelarusas e Transcausianas ([[Xeorxia]], [[Acerbaixán]] e [[Armenia]]) xa cos [[bolxevique]]s dirixindo os [[soviets]] (asembleas) de cada nación e sendo os vencedores na [[guerra civil rusa]] posterior á [[Revolución de Outubro]].
 
== Primeiros anos ==
Liña 7:
Trala derrota da Alemaña, invadiu os territorios cedidos con anterioridade e denunciou o [[Tratado de Brest-Litovsk]], pero os países aliados reaccionaron cun incremento da axuda contrarrevolucionaria, e tropas [[Checoslovaquia|checas]], [[Turquía|turcas]] e [[Gran Bretaña|británicas]] colaboraron cos rusos brancos e os [[cosaco]]s nos propósitos da restauración [[monarquía|monárquica]].
 
En [[1920]] o Goberno de [[Moscova]] recoñeceu a independencia de [[Estonia]], [[Lituania]], [[Letonia]] e Finlandia, e debeu ceder [[BielorrusiaBelarús]] e [[Ucraína]] a [[Polonia]]. Ante a imposibilidade dunha derrota bélica do réxime soviético, os países capitalistas decidiron establecer un «cerco sanitario» que paralizara a propagación revolucionaria. A situación da guerra civil e o desmantelamento da [[industria]] provocaron as medidas económicas do «comunismo de guerra» (nacionalización das empresas e do comercio interior e exterior), xerando unha caída estrepitosa da produción agrícola. Para recupera-la economía, Lenin tentou corrixi-los desaxustes e palia-lo descontento campesiño mediante a NEP ([[Nova Política Económica]], [[marzo]] de [[1921]]), que permitía transitoriamente o mantemento de formas económicas de certo tipo [[capitalismo|capitalista]].
 
Despois do IV Congreso dos Soviets en [[1918]], no que o Partido Socialdemócrata ([[bolxevique]]) adoptou a denominación de [[Partido Comunista da Unión Soviética]] (PCUS), os socialrevolucionarios e [[menxevique]]s foron expulsados das organizacións oficiais e construíuse un ríxido centralismo na organización do Partido e na administración do país. Simultaneamente, unha completa autonomía lingüística e [[cultura]]l foi acordada nas rexións diferenciadas.
Liña 118:
As actividades do PCUS foron proscritas polo Tribunal Supremo ([[29 de agosto]]), disolvéronse os órganos do poder central e comezou un novo período constituínte. O [[6 de setembro]] de 1991 o Consello de Estado recoñeceu a independencia de [[Estonia]], [[Letonia]] e [[Lituania]]. Nos meses seguintes, as sucesivas proclamacións de independencia das Repúblicas e o colapso económico aceleraron a perda de autoridade política de Gorbachov, que fracasou na súa tentativa de concluí-lo Tratado que debía dar lugar a unha Unión de Estados Soberanos para substituír á antiga organización do Estado.
 
O [[8 de decembro]] de [[1991]], as tres Repúblicas eslavas —Rusia, BielorrusiaBelarús e Ucraína— constituíron unha [[Comunidade de Estados Independentes]] (CEI), aberta ao resto das Repúblicas que puxo fin na práctica ó Estado soviético. Gorbachov presentou a súa dimisión o [[25 de decembro]] de 1991, e Rusia asumiu no terreo internacional os compromisos e a representación do desaparecido Estado. Tódalas Repúblicas que constituían a URSS foron recoñecidas internacionalmente como Estados independentes.
 
== Véxase tamén ==