Friedrich Nietzsche: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
é máis sinxelo
m →‎Escritos: arranxiño
Liña 122:
* ''[[Götzen-Dämmerung oder Wie man mit dem Hammer philosophiert]]'' (''O crepúsculo dos ídolos, ou Como filosofar co martelo''agosto-setembro [[1888]]). Obra onde dilacera as crenzas, os [[ídolos]] (a súa palabra para ''ideais''), e analiza toda a xénese da culpa no ser humano.
* ''O Caso Wagner, un problema para músicos'' (''Der Fall Wagner, Ein Musikanten-Problem'', maio-agosto 1888).
* ''[[Der Antichrist, Fluch auf das Christentum]]'', (''O Anticristo'', setembro 1888). — ''Contra o Cristianismo'' ou o ''Anticristián'' serian traducións posíbeis para esta obra. A pesar de apuntar o [[Cristo]], mesmo na súa concepción “propia”, como síntoma dunha decadencia análoga á que posibilitou o xurdimento do [[Budismo]], nesta obra Nietzsche dirixe súas críticas máis agudas a [[Paulo de Tarso]], o codificador do cristianismo e fundador da [[Igrexa Católicacatólica|Igrexa]]. Acúsao de deturpar o ensino do seu mestre — pregador da salvación no agora deste mundo, realizada nel mesmo e non en promesas dun Alén — forxando o mundo de Deus como enriba e alén deste mundo. "''O único cristián morreu na cruz''", como di no libro que sería o inicio dunha obra maior intitulada ''Transvaloración dos valores''.
* ''Ecce Homo, como se tornar aquilo que é'' (''Ecce Homo, Wie man wird, was man ist'', outubro-novembro 1888). — Unha autobi(bli)ografía, onde Nietzsche, consciente da súa importancia e acometido por delirios de grandeza, acha necesario, antes de expor ao mundo a súa obra definitiva (xamais concluída), dicir quen é, por que escribe o que escribe e por que “é un destino”. Comenta as súas obras entón publicadas. Ofrece unha consideración sobre o significado de [[Zaratustra]]. E por fin, dicindo saber o que o espera, anuncia a apocalipse: “''Coñezo o meu sino. Un día, o meu nome ligarase á lembranza de algo tremendo — dunha crise como xamais houbo sobre a [[Terra]], da máis profunda colisión de consciencias, dunha decisión conxurada contra todo o que ata entón foi acreditado, santificado, requirido. (…) Teño un medo pavoroso de que un día me declaren santo: percibirán que publico este libro antes, el debe evitar que se cometan abusos comigo. (…) Pois cando a verdade saír en loita contra a mentira de milenios, teremos conmocións, un espasmo de terremoto, un movemento de montes e vales como xamais foi soñado. A noción de política estará entón completamente disolvida nunha guerra de espíritos, todas as formacións de poder da vella sociedade estouparán polos ares — todas se basean enteiramente na mentira: haberá guerras como aínda non houbo sobre a Terra.''” (''Porque son un destino'' §1, trad. Paulo César Souza)
* ''Nietzsche contra Wagner'' (''Nietzsche contra Wagner, Aktenstücke eines Psychologen'', decembro 1888).