Diferenzas entre revisións de «Templo de Santalla de Bóveda»

Engadida información sobre restos e ano do descubremento polo párroco.
(→‎Estrutura: Homónimo)
(Engadida información sobre restos e ano do descubremento polo párroco.)
[[Ficheiro:Templo romano de Santalla de Bóveda.jpg|miniatura|250px|Interior do templo.]]
 
Non existen datos do monumento ata primeiros do [[século XX]], cando o párroco do lugar, José María Penado, descubriu a súa existencia en [[1917]]. En [[1926]], a noticia chegou á Comisión de Monumentos Histórico-Artísticos de Lugo, quen encargou a Luis López-Martí a escavación e recuperación dos restos.
 
A desafortunada forma na que se realizaron as primeiras escavacións provocou o derrubamento de toda a parte superior da bóveda, da que hoxe só queda memoria polas fotografías realizadas daquela, as acuarelas de [[Elías de Segura]] de [[1927]] e algúns restos con pinturas xeométricas que se conservan nos museos [[Museo Provincial de Lugo|Provincial]] e [[Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo|Catedralicio]] de Lugo.
 
Ó redor dos anos cincuenta do pasado século, realizouse unha nova campaña de escavacións que puxo en evidencia a existencia da piscina central, que estaba reenchida con entullos e cuberta por un lousado de pedra.
 
Nos anos setenta volveron facerse obras de restauración e mantemento dos restos, que incluíron unha placa de cemento sobre a estrutura para evitar definitivamente os problemas de escorras da [[chuvia]] sobre o edificio.
54

edicións