Ángel Amor Ruibal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Influencia: arranxiño
Liña 33:
 
== Influencia ==
Á parte de ser unha das figuras claves da [[filoloxía]] e [[lingüística]] coas que a [[Igrexa Católicacatólica]] contribuíu ó [[Galeguismo (política)|galeguismo]] (xunto con [[Frei Martín Sarmiento|Sarmiento]], [[Antonio Noriega Varela]] e en xeral toda a xeración do seminario de [[Mondoñedo]]), a súa posición orixinal na resolución da crise modernista, sen darse ó historicismo relativizador nin á ortodoxia fosilizada nun pensamento ahistórico e inxenuamente realista. En boa parte, hai que interpretalo en relación coa Teoloxía liberal protestante (cuxos maiores exponentes españois son [[Miguel de Unamuno]] e mais Amor Ruibal) paralelo ó proxecto de [[Harnack]], independentemente da controversia pro- ou anti-[[escolasticismo|escolasticista]]. Por moito que esta sexa a súa formación, o seu pensamento renovador e a súa fonda intuición non se restrinxiron a este encadramento.
 
No ano 2004 instituíuse o Arquivo Amor Ruibal (en formación no Instituto Teológico Compostelano) que conta con correspondencia, escritos menores do autor, anotacións, fotos e noticias xornalísticas.