Teoría de control: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Un exemplo: Arranxos varios +cda
Liña 1:
O '''control de procesos''' é unha disciplina baseada na [[enxeñaría]] e as [[matemáticas]] que procura manter o estado dun proceso nun rango específico. O estado de referencia é o valor ou o rango de valores desexado dunha ou varias [[variable]]s que forman parte do proceso. Cando o proceso se desvía do estado de referencia, os controladores manipulan as entradas do proceso para corrixir a desviación.
 
=== Un exemploeJemplo ===
Quentar unha sala cun radiador é un proceso que ten o obxectivo de achegarse e manter unha [[temperatura]] definida. A temperatura sería a '''variable controlada'''. A temperatura desexada, por exemplo 20 °C, sería a referencia ou máis comunmente o ''setpoint''. O estado do radiador, por exemplo o grao de apertura da válvula que permite á auga quente fluír a través do radiador, é a '''variable manipulada''' xa que é a que recibe as accións de control.