Universo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 94:
Importantes foron as achegas do inglés [[Francis Bacon (filósofo)|Francis Bacon]] (1561-1626 e o francés [[René Descartes]] (1596-1650), que mantiveron unha interesante polémica sobre o [[método científico]]. Bacon rexeitou o emprego das matemáticas e propugnou abertamente o [[método empírico]]. Pola contra, Descates formulou un sistema segundo o cal todo proceso natural se reduce a un proceso físico, todo o físico a algo mecánico, e todo o mecánico ao matemático.
 
Os científicos anteriormente citados sentaron as bases dos descubrimentos que se fixeron xa no século XVII grazas ao [[telescopio]]. [[Galileo Galilei]] (1564-1642) foi o primeiro que empregou este instrumento, desenvolvendo un [[telescopio|anteollo]] con capacidade de observación astronómica co que observou ''sombras'' no Sol e mais na Lúa, as fases de Venus e descubriu os catro satélites maiores de [[Xúpiter]], demostrando deste xeito que existen corpos celestes que non xiran ao redor do Sol. Non entanto, as súas investigacións foron acollidas con grande hostilidade, especialmente pola [[Igrexa Católicacatólica|Igrexa]], o que lle valeu un proceso -e unha condena, pese a súa retractación- perante o Tribunal do [[Santo Oficio]] ([[Inquisición]]).
 
Todo este progreso de ciencia culminou, na segunda metade do século XVII, con ''sir'' [[Isaac Newton]] (1642-1727) que ao formular a [[lei da gravitación universal]], dá un empuxe final ás teorías de Copérnico, quedando así as ideas xeocéntricas relegadas á historia. Na súa monumental obra ''[[Philosophiae Naturalis Principia Mathematica]]'' (''Principios matemáticos da filosofía da natureza'') definíanse as leis do movemento, baseadas nos traballos de Kepler e Galileo. Newton perfeccionou os avances na observación coa construción do primeiro telescopio refractor, que permitiu novos descubrimentos, a fixación de cálculos astronómicos de gran precisión, e o seu emprego deu lugar á fundación dos [[observatorio]]s de [[París]] e de [[Greenwich]] ([[Londres]]).