Narón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Ocio e entretemento: xa non hai boleira
narón
Liña 58:
'''Narón''' (xentilicio «[[wikt:naronés|naronés/naronesa]]») é un concello da [[provincia da Coruña]] situado entre a [[ría de Ferrol]] e o [[océano Atlántico]] e pertencente á [[comarca de Ferrolterra]], sendo na actualidade a área de expansión urbana máis importante da comarca. Narón limita cos concellos de Ferrol, [[Valdoviño]], [[San Sadurniño]] e [[Neda]]. Segundo o [[IGE]] en [[2016]] tiña 39.426 habitantes, o que a converte na oitava vila de [[Galicia]] <small>(38.285 no [[2010]], 35.664 no [[2006]], 35.083 no [[2005]], 34.404 no [[2004]], 33.825 en [[2003]])</small>, sendo o cuarto núcleo de poboación na [[provincia da Coruña]] despois da [[A Coruña|Coruña]], [[Santiago de Compostela]] e [[Ferrol]].
 
É un concello mixto, con sete parroquias eminentemente rurais nas que viven menos da cuarta parte da poboación e cun núcleo urbano de máis de 29.000 hab. formado polos barrios da [[A Gándara, Narón, Narón|Gándara]] (Santiago Apóstolo), [[A Solaina, Narón, Narón|A Solaina]] (Santa Icía), [[O Alto do Castiñeiro, Narón, Narón|O Alto do Castiñeiro]] (San Xosé Obreiro), [[Piñeiros, Narón, Narón|Piñeiros]] (Nosa Señora dos Desamparados), [[O Couto, Narón, Narón|O Couto]] (San Martiño de Xuvia), [[Freixeiro, Narón, Narón|Freixeiro]] (Virxe de Fátima) e [[Xuvia, Narón, Narón|Xuvia]] (Santa Rita), destacando pola súa poboación as catro primeiras. Reordenado polo Concello de Narón baixo o nome de Narón ou Cidade de Narón, que agrupa máis das 3/4 partes da poboación de Narón.
 
== Orixe do topónimo ==