Fosa tectónica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
m codia
Liña 2:
Unha '''fosa tectónica''' ou '''''graben''''' é unha longa [[depresión (xeoloxía)|depresión]] limitada en ambos lados por [[falla]]s paralelas levantadas (''[[horst]]'') entre as cales o terreo afundiuse por efecto de forzas internas.
 
A pesar de que constitúen ás veces o [[val]] por onde transcorre un [[río]] (como o [[Río Rin|Rin]] entre [[Basilea]] e [[Maguncia]]), as fosas tectónicas nada deben aos axentes exteriores da [[erosión]]. As fallas escalonadas marcan os límites laterais do afundimento do terreo. Este pode prolongarse durante centos e incluso miles de quilómetros, como no [[Gran Val do Rift]], onde se encontran os [[Grandes Lagos Africanos|Grandes Lagos de África]], e que se estende desde [[Mozambique]] até os [[montes Tauro]] ([[Turquía]]); a parte de [[África]] que queda ao leste desa fractura está en vías de separarse do continente e esa separación é a que produce o afundimento da cortezacodia e a formación dunha fosa que acabará por converterse nun brazo de mar, como ocorreu anteriormente na fosa do [[mar Vermello]] e do [[golfo de Adén]].
 
== Véxase tamén ==