Escravitude: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
de bronce
m Idade de Bronce (coa maiúscula tamén en "bronce")
Liña 32:
Ver artigo principal ''[[Historia da escravitude]]''
 
Desde o [[Neolítico]] pode fundamentarse teoricamente a escravitude de seres humanos. Difícil de constatar no simple rexistro arqueolóxico, aparece, porén, nos textos escritos máis antigos, como nos primeiros documentos das civilizacións exipcia e mesopotámica (p.ex. o [[Código de Hammurabi]]) ou na Grecia antiga na [[Ilíada]] ou na [[Odisea]], que describen sociedades da [[Idade de bronce|Idade de Bronce]].
 
Mentres as [[Altas Culturas]] orientais ou americanas, non foron propiamente sociedades escravistas, debido a que favoreceron o traballo obrigatorio dos seus súbditos, a civilización grecorromana, e especialmente [[Roma antiga|Roma]], estivo baseada no traballo escravista nunha alta proporción, tanto no espazo doméstico como, sobre todo na explotación intensiva dos [[latifundio]]s e das minas. A guerra convértese no principal medio de aprovisionamento dunha man de obra servil, maioritariamente de [[fenotipo]] de pel branca, que apenas se deixa reproducir, pero que ademais é liberada ([[manumisión]]) con frecuencia. As duras condicións de traballo impostas no campo ou nas minas, conduciron a levantamentos dos escravos, dos que o máis coñecido foi a rebelión liderada por [[Espartaco]]. As dificultades de fornecemento de novos escravos durante o [[Baixo Imperio]], conduciu á transformación paulatina do réxime escravista nun sistema de [[servidume]].