Manuscritos do Mar Morto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{En tradución}}
[[Ficheiro:1QIsa b.jpg|miniatura|Parte do manuscrito de Isaías.]]
Os '''manuscritos do Mar Morto''' ou '''rolos de Qumrán''', chamados así por atoparse en covas situadas en Qumrán, á beira do [[mar Morto]], son unha colección de 972 manuscritos. A maioría datan de entre os anos 250 a. C. e 66 d. C., antes da destrucción do segundo [[Templo de Xerusalén]] polos romanos no ano 70 d. C.
 
== Descripción ==
A case totalidade dos manuscritos están redactados en [[Lingua hebrea|hebreo]] e [[Lingua aramea|arameo]], e só alguns exemplares en [[Lingua grega|grego]]. Os primeiros sete manuscritos foron achados acidentalmente por pastores beduinos a finais de 1946, nunha cova nas cercanías das ruinas de Qumrán, na beira noroccidental do Mar Morto. Posteriormente, ata o ano 1956, atopáronse manuscritos nun total de 11 covas da mesma rexión.
 
Parte dos manuscritos atopados no mar Morto constituen o testimonio máis antigo do texto bíblico encontrado ata a data. En Qumrán descubrironse aproximadamente 200 copias, a maioría moi fragmentadas, de tódolos libros da [[Biblia hebrea]], con excepción do [[libro de Ester]] (aínda que tampouco se atoparon fragmentos de Nehemías, que na Biblia hebrea forma parte do [[libro de Esdras]]). Do [[libro de Isaías]] atopouse un exemplar completo.<ref>{{Cita web|url=http://www.ao.net/~fmoeller/qumdir.htm|apelidos=P. Moeller|nome=Fred|data-publicación=1999|páxina-web=|título=Fotografías e traducción literal completa ao inglés do rolo de Isaías encontrado en Qumrán.|data-acceso=|lingua=inglés}}</ref>
 
Outra parte dos manuscritos son libros non incluidos no canon da [[Tanak]], comentarios, calendarios, oracions e normas dunha comunidade relixiosa [[Xudaísmo|xudea]] específica, que a maioría dos expertos identifica cos esenios.
 
A maioría dos manuscritos atópanse hoxe no Museo de Israel en [[Xerusalén]], no Museo Rockefeller de Xerusalén, así coma no Museo Arqueolóxico Xordano en [[Amán]] ([[Xordania]]). Algúns manuscritos ou fragmentos atópanse tamén na [[Bibliothèque nationale de France|Biblioteca Nacional de Francia]] en [[París]] ou en mans privadas, coma a Colección Schøyen en [[Noruega]].
 
== Notas ==
{{listaref|30emListaref}}
 
== Véxase tamén ==
Liña 12 ⟶ 21:
=== Outros artigos ===
* [[Terceiro Libro de Enoc]]
* [[Libro de Ester]]
* [[Libro de Isaías]]
 
{{Arqueoloxía en progreso}}