Diferenzas entre revisións de «Disco celeste de Nebra»

de bronce
m (Arranxos varios, replaced: Idade do Bronce → Idade de Bronce (3))
(de bronce)
A barca solar (da que existen versións para o deus grego Helios ou para o exipcio Ra) ten máis relación coa relixión que coa astronomía. Atópase como símbolo en toda Europa, en asentamentos que corresponden á Idade de Bronce e adoita ser frecuente nas [[pintura rupestre|pinturas rupestres]] de [[Escandinavia]]. Está representada como un arco dourado e plumeado.
 
As estrelas tamén foron obxecto de estudo e de especulación. As Pléiades son visibles dende [[Centro Europa]] dende a [[Idade dode bronce]] e aparecen citadas como tales estrelas nos calendarios de varias culturas en todo o mundo. Mais canda esta interpretación xurdiron controversias e opinións dispares. Os arqueoastrónomos saben que dende Centroeuropa e xa dende a Idade de Bronce podían verse tres grupos de estrelas: Pléiades, Pesebre e Delfín. Conforme a estes tres grupos, algúns astrónomos supuxeron que a constelación representada no disco debía atoparse preto da eclíptica, xa que logo queda descartado o Delfín; mais as outras dúas, Pléiades e Pesebre, son suficientemente próximas á eclíptica. Wolfhard Schlosser, catedrático de Astronomía, decantouse pola interpretación das Pléiades, constelación que se sabe que, polo menos na [[Grecia]] arcaica, servía de marcador para a confección do calendario agrario. O tema de devandita interpretación baséase pois en suposicións e especulacións coas que moitos outros astrónomos e profesores non están de acordo. No que si están todos de acordo é en sinalar que o disco de Nebra é un obxecto precioso que debeu ter un gran valor decorativo e ritual.
 
== As espadas ==
99.987

edicións