Ferro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
de bronce
Liña 123:
Entre dous e tres milenios antes de Cristo foron aparecendo cada vez máis obxectos de ferro (que se distingue do ferro proveniente dos meteoritos pola ausencia de [[níquel]]) na [[Mesopotamia]], [[Anatolia]] e [[Exipto]]. Mentres tanto, o seu uso parece ser cerimonial, por ser un metal moi caro, máis que o [[ouro]]. Algunhas fontes suxiren que talvez era obtido como subproduto da obtención do [[cobre]]. Entre [[-1600|1600]] e [[-1200|1200 a.C.]], obsérvase un aumento do seu uso no [[Oriente Medio]], porén non foi usado para substituír o [[bronce]].<ref>{{Cita libro|author=Bryce, Trevor|title=Hittite Warrior|url=http://books.google.com/books?id=0_oi1CLayh8C&pg=PA22|year=2007|publisher=Osprey Publishing|isbn=978-1-84603-081-9|pages=22–23}}</ref>
 
Entre os séculos XII e X antes de Cristo, ocorreu unha rápida transición no Oriente Medio na substitución das armas de bronce polas de ferro. Esta rápida transición talvez teña ocorrido debido a unha escaseza de [[estaño]] ou a unha melloría na tecnoloxía do traballo co ferro. Este período, que ocorreu en diferentes ocasións segundo o lugar, denominouse [[Idade de Ferro]], substituíndo a [[Idade dode bronce]]. En [[Grecia]] iniciouse en torno do ano [[-1000|1000 a. C.]], e non chegou á [[Europa occidental]] antes do século VII a.C. A substitución do bronce polo ferro foi paulatina, pois era difícil producir pezas de ferro: localizar o [[mineral]], extraelo, proceder a súa fundición a temperaturas altas e despois forxalo.
 
Na [[Europa central]], xurdiu no século IX a. C. a [[cultura de Hallstatt]] substituíndo á "cultura dos campos de urnas", que se denominou "Primeira Idade de Ferro", pois coincide coa introdución do uso deste metal. Cara o ano [[-450|450 a.C.]], tivo lugar o desenvolvemento da "cultura da Tène", tamén denominada "Segunda Idade de Ferro". O ferro era usado en ferramentas, armas e xoias, aínda que seguen atopándose obxectos de bronce.