Diferenzas entre revisións de «Túneles ferroviarios Atocha-Chamartín»

m
Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (2)
m (Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (2))
[[Ficheiro:Estación de Nuevos Ministerios (Madrid) 03.jpg|250px|thumbminiatura|[[Estación de Nuevos Ministerios]]]]
Os '''túneles ferroviarios Atocha-Chamartín''', coloquialmente coñecidos como '''túneles da risa''', son uns túneles ferroviarios da cidade [[Madrid]] que, con orientación sur-norte, unen as estacións de [[Estación de Atocha|Atocha]] (cabeceira sur) e [[Estación de Madrid-Chamartín|Chamartín]] (cabeceira norte), as máis importantes da capital en canto a número de viaxeiros.
 
|'''Túnel central'''
|1967
|7  km
|3 kVcc
|1668  mm
|
* [[Estación de Madrid-Chamartín|Chamartín]]
|'''Túnel oeste'''
|2008
|7,5  km
|3 kVcc
|1668  mm
|
* [[Estación de Madrid-Chamartín|Chamartín]]
|'''Túnel leste'''
|Previsto para 2018
|7,31  km
|25 kVca
|1435  mm
|
* [[Estación de Madrid-Chamartín|Chamartín]]
=== Primeiro túnel (1967): Túnel central ===
[[Ficheiro:Túnel de la Risa 01.jpg|miniatura|Cabeceira norte do primeiro Túnel da risa, na [[estación de Chamartín]].]]
O túnel de 7  km foi proxectado durante a etapa de [[Indalecio Prieto]] á fronte do [[Ministerio de Fomento de España|Ministerio de Fomento]] ([[1933]]) á vez que se deseñaba a [[estación de Chamartín]] como alternativa á [[Estación de Príncipe Pío|estación do Norte]], aínda que debido á chegada da [[guerra civil española]] e a subseguinte crise económica, non foi inaugurado ata [[1967]].
 
O túnel proxectado discorría baixo o [[Paseo del Prado]], o [[Paseo de Recoletos]], onde estaba proxectada a [[estación de Recoletos]] para servizo ao centro de Madrid, o [[Paseo de la Castellana]], onde estaba proxectada a estación de Nuevos Ministerios nunha área financeira en desenvolvemento e finalmente sepárase do eixo do Paseo de la Castellana e baixo diferentes rúas do distrito de [[Chamartín, Madrid|Chamartín]] chega á antiga localidade de [[Chamartín de la Rosa]], onde sae a superficie e chega á nova [[estación de Chamartín]]. Ao seu paso por Nuevos Ministerios, o túnel transcorre por baixo da praza do [[Nuevos Ministerios|edificio ministerial]], onde se atopa a estación, e por baixo do complexo [[AZCA]], en concreto baixo a [[Torre do Banco de Bilbao]], a cal tivo que realizar unha cimentación especial nos laterais do túnel.
 
=== Segundo túnel (2008): Túnel oeste ===
Para resolver o problema da capacidade limitada do túnel, así como a masificación da liña C-1 de [[Proximidades Madrid]], en 2004 comezaron as obras para construír un segundo túnel de 7,5  km, situado ao oeste do anterior. Este novo túnel foi inaugurado o 9 de xullo de 2008 e presta servizo comercial desde o 11 de xullo do mesmo ano.
 
O proxecto do túnel contempla tres estaciones intermedias: [[Estación de Sol|Sol]] (en pleno centro de [[Madrid]]), [[Estación de Alonso Martínez|Alonso Martínez]] e [[Estación de Nuevos Ministerios|Nuevos Ministerios]]. A nova estación de Sol non abriu ata 2009 (un ano despois que o propio túnel), en tanto que a estación de Alonso Martínez atópase actualmente en punto morto a falta dun acordo entre administracións para iniciar a obra.
 
A lonxitude do túnel oeste é de 7,5  km, aínda que a distancia total da nova infraestrutura é de 8,254  km. Ten a particularidade de utilizar vía en placa embutida, o cal só ten precedentes en toda España na [[estación de Atocha]], así como no túnel de entrada á [[estación de Alcobendas-San Sebastián de los Reyes]]. Inclúe dezasete pozos de ventilación, así como trece saídas de emerxencia (situadas cada 600 m). Como medidas de seguridade, estará dotado co sistema [[ASFA]] 200, así como [[ERMTS]] nos seus niveis 1 e 2 (por primeira vez nunhas liñas de [[Proximidades Renfe|proximidades]]). Polo novo túnel circulan os trens de proximidade das liñas C-3 e C-4 o cal supón un aforro de entre 8 e 9 minutos para os viaxeiros procedentes de [[Estación de Aranjuez|Aranjuez]] ou [[Estación de Parla|Parla]] con destino o centro de [[Madrid]]. Tamén circulan algúns trens de longa distancia e [[Media Distancia Renfe|Media Distancia]].
 
Cando estean todas as estacións intermedias en servizo asegurarase a correspondencia coas liñas 1, 2, 3, 4, 5, 6, 8 e 10 do [[Metro de Madrid]].
=== Terceiro túnel (2018): Túnel leste ===
[[Ficheiro:Station Chamartin ingang HSL tunnel II.JPG|miniatura|Inicio do túnel na [[estación de Chamartín]].]]
Este terceiro túnel, alcumado “Xardín Botánico”, comezouse a construír o 24 de abril de 2010 e a perforación do mesmo concluíu o 11 de febreiro de 2011. Ten unha lonxitude de 7,31  km, dos cales 6,8 foron perforados pola tuneladora «Gran Vía» (125,6 m de lonxitude, 2.200 toneladas de peso e unha previsión de escavación de 20 m/día). Será exclusivo para a [[Alta velocidade ferroviaria en España|alta velocidade]] e comunicará as estacións de [[Estación de Madrid-Puerta de Atocha|Puerta de Atocha]] e [[Estación de Madrid-Chamartín|Chamartín]] mediante [[ancho internacional]] e sen paradas intermedias na [[estación de Atocha]]. O seu orzamento é de algo máis de 206 millóns de euros, a súa profundidade media é de 45 m e discorre baixo a Praza do Emperador Carlos V, o Xardín Botánico e as rúas de Alfonso XII e Serrano.
 
Está situado máis ao leste que o primeiro túnel da risa e permitirá conectar a [[estación de Chamartín]] coas liñas de alta velocidade cara ao norte ([[Castela e León]], [[Asturias]], [[Cantabria]], [[Galicia]] e [[País Vasco]]) e a [[estación de Atocha]] coas liñas cara ao sur e leste ([[Andalucía]], [[Castela-A Mancha]], [[Cataluña]], [[Comunidade Valenciana]], [[Rexión de Murcia]], [[Estremadura]], [[A Rioxa]], [[Navarra]] e [[Aragón]]).
 
A súa inauguración, orixinalmente prevista para finais de 2013<ref>Poveda, Paula. «[http://www.larazon.es/detalle_hemeroteca/noticias/LA_RAZON_478146/8372-ultimos-retoques-a-la-nueva-gran-via-subterranea Últimos retoques na nova Gran Vía subterránea]», ''La Razón'', 4 de agosto de 2012.</ref> atrasarase, aínda que a súa construción concluíuse en 2011, debido aos recortes de Fomento con motivo da crise ata, polo menos, 2018, xa que está pendente de finalización as obras de cuadruplicación das vías en ancho internacional entre Atocha e Chamartín, necesario para absorber o tráfico cara ao norte.<ref>{{Cita Web|título=Galería Madridiario - Así é o terceiro túnel da risa|url=http://www.madridiario.es/album/9011/asi-es-el-tercer-tunel-de-la-risa/12/tunel-ave-de-atocha-a-chamartin-conocido-como-el-tercer-tunel-de-la-risa.html|editorial=Madrid Diario|data=20 de abril de 2016|dataacceso=26 de setembro de 2016}}</ref><ref>{{Cita Web|título=Fomento gastará 68,3 millóns para a fase final do terceiro «túnel da risa»|url=http://www.larazon.es/local/madrid/fomento-gastara-68-3-millones-para-la-fase-final-del-tercer-tunel-de-la-risa-FF14887255|editorial=La Razón|data=5 de abril de 2016|dataacceso=8 de abril de 2016}}</ref>
 
== Circulación ==
Na actualidade ambos os túneles son percorridos exclusivamente por trens de viaxeiros, por unha banda de [[Proximidades Madrid|proximidades]] ou rexionais cadenciados que efectúan parada en todas as estacións, con intervalos de paso entre trens similares aos dunha liña de metro, e por outra trens de [[Media Distancia Renfe|Media Distancia]] e longo percorrido con orixe en Chamartín e destinos meridionais ou longo percorrido norte-sur e sur-norte.
[[Ficheiro:Estacion de Sol - 09 - IngolfBLN.jpg|thumbminiatura|[[Estación de Sol]] nas liñas C3 e C4 de [[Proximidades Madrid]]]]
 
=== Proximidades ===
Os trens de longa distancia con destino [[Estación de Almería|Almería]] ([[Talgo]]) e [[Estación de Murcia|Murcia]] e [[Estación de Cartaxena|Cartaxena]] ([[Altaria]]) parten da [[Estación de Madrid-Chamartín|estación de Chamartín]] e atravesan os túneles para realizar paradas en [[Estación de Madrid-Atocha Cercanías|Atocha Cercanías]].
 
Tamén utilizan os túneles os trens [[Alvia]] transversais que parten de [[Estación de Alacant|Alacant]] e chegan á [[Estación da Coruña|Coruña]], [[Estación de Pontevedra|Pontevedra]], [[Estación de Xixón|Xixón]] e [[Estación de Santander, Adif|Santander]]. Estes transversais chegan e parten de Madrid por [[Liña de alta velocidade|liñas de alta velocidade]] de [[ancho internacional]], polo que necesitan realizar un [[cambio de ancho]] tanto en [[Estación de Madrid-Puerta de Atocha|Atocha]] como en [[Estación de Madrid-Chamartín| Chamartín]] para utilizar os túneles actuais.
 
Nun futuro o terceiro túnel unirá as liñas de alta velocidade que chegan a Atocha ([[Liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa|Madrid-Barcelona-Fronteira francesa]], [[Liña de alta velocidade Madrid-Sevilla|Madrid-Sevilla]] e [[Liña de alta velocidade Madrid-Levante|Madrid-Levante]]) coa [[liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid|liña Madrid-Valladolid]], pola que parten todos os trens cara ao norte de España.
393.002

edicións