Enerxía nuclear: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 224:
[[Ficheiro:Fission bomb assembly methods es diseno bombas fision.png|miniatura|esquerda|150 px|Métodos utilizados para crear unha [[Masa crítica (física)|masa crítica]] do elemento físil empregado na bomba de fisión.]]
 
O [[16 de xullo]] de [[1945]] produciuse a primeira explosión dunha bomba de fisión ([[Proba Trinity]]) creada polo ser humano.
 
Existen dous tipos básicos de bombas de fisión: utilizando [[uranio enriquecido|uranio]] altamente enriquecido (enriquecemento superior ao 90 % no <sup>235</sup>U) ou utilizando [[ plutonio]]. Ambos os tipos fundaméntanse nunha reacción de [[Fisión nuclear|fisión]] en cadea descontrolada e só empregáronse nun ataque real en [[Hiroshima]] e [[Nagasaki]], ao final da [[segunda guerra mundial]].
 
Para que este tipo de bombas funcionen é necesario utilizar unha cantidade do elemento utilizado superior á [[Masa crítica (física)|masa crítica]]. Supoñendo unha riqueza no elemento do 100 %, iso supoñen 52&nbsp;[[kg]] de <sup>235</sup>U ou 10&nbsp;kg de <sup>239</sup> Pu. Para o seu funcionamento créanse dúas ou máis partes subcríticas que se unen mediante un [[explosivo]] químico convencional de forma que se supere a masa crítica.
 
Os dous problemas básicos que se deberon resolver para crear este tipo de bombas foron:
* Xerar suficiente cantidade do elemento físil a utilizar, xa sexa [[enriquecemento de uranio|uranio enriquecido]] ou [[ reprocesamento nuclear|plutonio puro]].
* Alcanzar un deseño no que o material utilizado na bomba non sexa destruído pola primeira explosión antes de alcanzar a criticidade.
 
Liña 242:
Tras o primeiro ensaio exitoso dunha bomba de fisión pola Unión Soviética en [[1949]] desenvolveuse unha segunda xeración de bombas nucleares que utilizaban a fusión. Chamoulla ''bomba termonuclear'', ''bomba H'' ou [[Bomba atómica#bombas de fusión nuclear|bomba de hidróxeno]]. Este tipo de bomba non se utilizou nunca contra ningún obxectivo real. O chamado deseño Teller- Ullam (ou segredo da bomba H) separa ambas as explosións en dúas fases.
 
Este tipo de bombas poden ser miles de veces máis potentes que as de fisión. En teoría non existe un límite á potencia destas bombas, sendo a de maior potencia explotada a [[bomba do Tsar]], dunha potencia superior aos 50 [[megatón]]s.
 
As bombas de hidróxeno utilizan unha bomba primaria de fisión que xera as condicións de presión e temperatura necesarias para comezar a reacción de fusión de núcleos de hidróxeno. Os únicos produtos radioactivos que xeran estas bombas son os producidos na explosión primaria de fisión, polo que ás veces chamaselle ''bomba nuclear limpa''. O extremo desta característica son as chamadas [[Bomba de neutróns|bombas de neutróns]] ou ''bomba N'', que minimizan a bomba de fisión primaria, logrando un mínimo de produtos de fisión. Estas bombas ademais deseñáronse de tal modo que a maior cantidade de enerxía liberada sexa en forma de neutróns, co que a súa potencia explosiva é a décima parte que unha bomba de fisión. Foron concibidas como armas anti-tanque, xa que ao penetrar os neutróns no interior dos mesmos, matan os seus ocupantes polas radiacións.