Estados Pontificios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
m →‎Creación dos Estados Pontificios: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (2)
Liña 77:
[[Ficheiro:La donacion de Pipino el Breve al Papa Esteban II.jpg|miniatura|esquerda|335px|A doazón de [[Pipino o Breve]] polo '''[[Tratado de Quierzy]]''', ao Papa '''Estevo II''', no ano 756.]]
 
[[Carlos Martel]], no 741, dividiu o territorio [[francos|franco]] en dúas partes, unha para [[Carlomán, fillo de Carlos Martel|Carlomán]] e outra para [[Pipino o Breve|Pipino]] (os seus dous fillos).<br/>Carlomán abdicou no 747 para converterse en [[monxe]]. Catro anos despois, Pipino (coñecido como ''o Breve'' pola súa curta estatura), confinou nun [[mosteiro]] ao último descendente de [[Clodoveo I|Clodoveo]], o mozo [[Khilderico III]]; e foi proclamado pola nobreza rei dos [[francos]], e converteuse no fundador da [[dinastía Carolinxia]].
 
Pipino non só foi rei por elección, senón que ademais recibiu a bendición da Igrexa. Obtivo do [[Zacarías, papa|papa Zacarías]] un mandato, segundo o cal, quen detentaba o poder, podía asumir o titulo de rei ''pola graza de Deus'', unxido como [[David]] no [[Antigo Testamento]].
Liña 83:
A partir de aí producíronse novas conexións entre o [[Papado]] e a monarquía carolinxia.
 
A primeira foi:<br/>Roma viuse ameazada polos [[longobardos]], cuxo exército cercou a cidade mentres o papa [[Estevo III, papa|Estevo III]]<ref>A numeración deste papa é controvertida: hai quen defende que houbo un papa Estevo II distinto deste e que, polo tanto, este sería Estevo III (criterio que se seguiu na Galipedia), outros defenden que ese papa non debe contar, co que este sería Estevo II, ver o artigo [[Estevo II, papa]].</ref> solicitaba inutilmente axuda ao [[Emperador bizantino|emperador de Bizancio]].
Denegado o auxilio bizantino, o papa pediu a Pipino unha intervención urxente.
O rei franco realizou dúas incursións en Italia, forzou aos longobardos a abandonaren o asedio de Roma e obrigounos a devolver as súas conquistas. Finalizado o conflito, os territorios situados na [[Romaña]] e as [[Marcas]] non foron restituídos ao control de [[Bizancio]], senón que foron conferidos ao papa —''[[doazón de Pipino]]'', no ano [[756]]—, como lexitimo representante do poder imperial. Este tratado destrúe aos longobardos, e pola súa vez permitiu a constitución do Estado Pontificio independente de todo poder temporal e base do futuro poder da Igrexa.