Fotografía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m nova clave para a Categoría:Fotografía: " " mediante HotCat
m →‎Historia: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Liña 13:
Considérase que a fotografía foi desenvolvida pola primeira vez en Francia na época en que os inicios da [[sociedade industrial]] comezaban a achegar innovacións técnicas no campo da [[óptica]]. Os procesos fotográficos xurdiron vinculados ao campo científico, onde as teorías [[positivismo|positivistas]] esixían a comprobación empírica de cada elemento da Natureza. Porén, a burguesía axiña popularizou usos diversos da fotografía, principalmente do xénero do [[retrato]], nun intento por emular os retratos pictóricos da nobreza. A fotografía adquiría así unha nova atribución ao converterse en ferramenta de ascenso social.
 
[[Ficheiro:Nicéphore Niépce Oldest Photograph 1825.jpg|thumbminiatura|Primeiro gravado heliográfico coñecido, obra de Niépce datada en 1825. Reproduce un gravado flamengo do XVIII e foi un precedente importante para a realización da primeira fotografía da natureza tirada cunha cámara escura un ano despois.]]
 
Outra das características deste primeiro período é a multiplicidade de procedementos para o fixado da [[imaxe]]. O primeiro negativo sobre papel foi obtido por [[Joseph-Nicéphore Niépce]] en 1816, e dez anos máis tarde, en 1826, o propio Niépce realizou a primeira fotografía permanente da natureza <ref>[http://www.hrc.utexas.edu/exhibitions/permanent/firstphotograph/niepce/#top Exhibición na Universidade de Texas]</ref>. En 1839, o invento é presentado publicamente na [[Academia de Ciencias e Belas Artes de Francia]], como fonte empírica de documentación da realidade.