Disco celeste de Nebra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: Idade do Bronce → Idade de Bronce (3)
Liña 28:
O asentamento atopouse, segundo confesión dos implicados, no bosque de Ziegelrodaer. Fixéronse análises químicas do chan que coincidiron cos feitos na terra que estaba adherida no disco celeste; deste xeito os arqueólogos puideron confirmar que os descubridores dixeran a verdade. O monte Mittelberg é tradicionalmente rico en sitios arqueolóxicos de varias etapas da humanidade e ofrece un dos recintos europeos con maior densidade de soterramentos da [[Idade de bronce]]; calcúlanse uns 800 [[túmulo]]s.
 
A partir dese intre, a oficina federal de Saxonia-Anhalt impulsou unha campaña para a escavación do lugar que obtivo moi bos resultados. Descubriuse que non se trataba de ningún soterramento senón dun depósito onde se abandonaron as pezas dentro dunha cista (vaso metálico con tapa que se empregaba para gardar obxectos preciosos), sen ningunha orde. Este tipo de depósito adoita ser bastante común entre os homes da Idade dode Bronce e coñécense bastantes exemplos. Crese que poidan ser ofrendas aos deuses.
 
Ao redor da cista había unha muralla circular e lisa, de 160 m de diámetro. O seu estudo amosou que fora ergueita un milenio logo da fabricación do disco, na [[Idade de Ferro]], quizais no intre do depósito. Descubriuse tamén que non había pegadas de asentamento de ningún pobo e que o lugar non tiña sinal de ser unha fortificación. As conclusións finais foron que se trataba dun punto escollido para culto relixioso, polo seu extraordinario emprazamento e as súas relacións astronómicas.
Liña 45:
Os arcos do horizonte que foron engadidos e nalgún punto ata taparon algunhas estrelas das fases anteriores, son característicos da época do neolítico e puidéronse ver en bastantes sitios arqueolóxicos. Amosan o coñecemento avanzado daquelas xentes no eido da [[astronomía]]. Un dos arcos representa a saída do sol e o outro o solpor. O ángulo que abranguen, oitenta e dous graos, equivale ao ángulo que forman o orto e o solpor solar entre o solsticio de inverno e o de verán na latitude no que foi atopado.
 
A barca solar (da que existen versións para o deus grego Helios ou para o exipcio Ra) ten máis relación coa relixión que coa astronomía. Atópase como símbolo en toda Europa, en asentamentos que corresponden á Idade dode Bronce e adoita ser frecuente nas [[pintura rupestre|pinturas rupestres]] de [[Escandinavia]]. Está representada como un arco dourado e plumeado.
 
As estrelas tamén foron obxecto de estudo e de especulación. As Pléiades son visibles dende [[Centro Europa]] dende a Idade do bronce e aparecen citadas como tales estrelas nos calendarios de varias culturas en todo o mundo. Mais canda esta interpretación xurdiron controversias e opinións dispares. Os arqueoastrónomos saben que dende Centroeuropa e xa dende a Idade dode Bronce podían verse tres grupos de estrelas: Pléiades, Pesebre e Delfín. Conforme a estes tres grupos, algúns astrónomos supuxeron que a constelación representada no disco debía atoparse preto da eclíptica, xa que logo queda descartado o Delfín; mais as outras dúas, Pléiades e Pesebre, son suficientemente próximas á eclíptica. Wolfhard Schlosser, catedrático de Astronomía, decantouse pola interpretación das Pléiades, constelación que se sabe que, polo menos na [[Grecia]] arcaica, servía de marcador para a confección do calendario agrario. O tema de devandita interpretación baséase pois en suposicións e especulacións coas que moitos outros astrónomos e profesores non están de acordo. No que si están todos de acordo é en sinalar que o disco de Nebra é un obxecto precioso que debeu ter un gran valor decorativo e ritual.
 
== As espadas ==