Sociolingüística: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 1:
{{lingüística}}
 
A '''sociolingüística''' é unha rama da [[socioloxía]] e da [[lingüística]] que estuda a relación entre a [[lingua]] e a [[sociedade]].
 
== Conceptos ==
Liña 7:
 
* '''Variedade''': - A variedade é o termo que corresponde, ''groso modo'', ao termo [[dialecto]]. Así, por exemplo, as variedades do portugués [[setentrional]] son os dialectos do portugués falado no norte de [[Portugal]]. A variedade standard é o padrón lingüístico dunha comunidade. Sociolingüisticamente, é común atopar a variedade ''standard'' preto do centro de decisión e de poder dunha comunidade. Así, en Portugal, a variedade ''standard'' é a falada na rexión de [[Lisboa]]. Cada variedade lingüística ten unha [[gramática]] propia igualmente válida. Dentro de cada variedade hai tensións e grupos sociais con trazos propios. Dentro de cada variedade lingüística hai variación interna en función dos varios criterios: idade, sexo, escolaridade etc.
 
* '''Variante''' - O termo variante utilízase nos estudos de sociolingüística para designar o iten lingüístico que é branco de mudanza. Así, no caso dunha variación fonética, a variante é o [[alófono]]. Representa, polo tanto, as formas posíbeis de realización.
 
* '''Variábel''' - A variábel é o trazo, forma ou construción lingüística cuxa realización presenta variantes observadas polo investigador.
 
Liña 17 ⟶ 15:
 
== Historia ==
Aínda que o aspecto social da lingua teña chamado a atención desde cedo, pénsese no lingüista suízo [[Ferdinand de Saussure]] no inicio do [[século XX]], foi talvez nos anos [[1950]] cando comezou a investigarse seriamente.
 
Pioneiros como [[Uriel Weinreich]], [[Charles Ferguson]] e [[Joshua Fishman]] chamaron a atención sobre unha serie de fenómenos interesantes, tales como a diglosia e os efectos do contacto lingüístico.