Diferenzas entre revisións de «Ribas de Sil»

m
→‎II República e Guerra Civil: Arranxos varios, replaced:

(5)
(quito poboación, obtido de wikidata)
m (→‎II República e Guerra Civil: Arranxos varios, replaced:

(5))
Nas [[eleccións municipais de 1931]] saíu elixida por maioría unha Corporación Republicana, con maioría do [[PSOE]] e membros de [[Acción Republicana]]. A [[UXT]] tiña sedes agrarias en San Clodio, Torbeo, Figueiredo e Piñeira.

A [[Revolución de 1934]] trouxo diversos incidentes, como o estoupido de petardos na vía férrea preto da estación, un tiroteo a un tren entre San Clodio e Montefurado (resultando ferido o fogueiro), e a queima e saqueo de varios templos.

Segundo o informe da Xunta de Cultura Histórica e do Tesouro Artístico de Lugo (feito en outubro de [[1937]]), na igrexa de Santa María das Neves de Nogueira foron destruídos parte do retablo do altar maior e dous laterais, o púlpito, tódalas imaxes, unha cómoda de nogueira, os libros rituais e misais e outros obxectos sacros, valorándose os danos en 20.000 pts.

Na igrexa de Santa Lucía de Rairos esnaquizáronse obxectos artísticos por valor de 2.000 pts.

A igrexa de Torbeo foi incendiada, salvándose algunhas alfaias que se depositaron no bispado de Ourense.

O mesmo informe menciona a queima da capela da [[A Covela, Torbeo, Ribas de Sil|Covela]], na que se respectou a imaxe de San Antonio Abade; o saqueo da capela de San Pedro, co esnaquizamento do retablo barroco, desaparición de imaxes (posiblemente botadas ao río), e rotura duns cadros de San Pedro e San Pablo; en Santiago de Soutordei saqueo con desaparición de roupas e esnaquizamento de imaxes, entre elas un San Xosé; en Vilariño intentouse un saqueo, pero foi evitado polos veciños.

A igrexa de San Clodio, que estaba nas mans das autoridades da [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]], non sufriu danos, o que leva a pensar que os saqueos e incendios foron provocados por elementos illados e grupos incontrolados, e non polas autoridades que posteriormente pagarían os danos.

393.002

edicións