Ramón Menéndez Pidal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Obra: quito título repe
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: arranxiños
Liña 33:
En 1902 ingresou na Real Academia Española cun discurso sobre ''El condenado por desconfiado'' de [[Tirso de Molina]]. En [[1904]] publicou o ''Manual de gramática histórica española'', que se foi puíndo e enriquecendo en edicións posteriores. De 1906 é «El dialecto leonés», impreso na ''Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos''. Seguiu desenvolvendo a súa tese na edición da súa tese doutoral, ''Cantar del Mío Cid: texto, gramática y vocabulario'' (1908–1912), edición paleográfica acompañada de importantes notas eruditas, revisadas non obstante pola crítica actual. Reconstruíu ademais a gramática da época a partir do material lingüístico desta obra, o que sentaba as bases da súa ''Gramática histórica''. Por esta obra recibiu un premio da [[Real Academia de la Historia]].
 
É interesante sinalar, que o manuscrito do "Cantar del Mío Cid" era propiedade da súa familia. Foi comprado en 1863 polo seu tío avó Pedro José Pidal y Carniado, marqués de Pidal, o que permitiu que Menéndez Pidal o manipulase. Mudou a data que figura no texto, retocou versos e cambiou palabras para facer pasar o poema por maismáis antigo do que era na realidade.<ref>{{Cita libro|título=La invención del pasado|apelidos=Murado|nome=Miguel-Anxo|editorial=Debate|ano=2013|ISBN=978-84-8306-853-3|páxina=|páxinas=98-99|ref=}}</ref>. Isto foi denunciado polo hispanista inglés [[Colin Smith]] baseándose na análise das tintas do manuscrito con raios X.<ref>{{Cita libro|título=La creación del poema de mio cid|apelidos=Smith|nome=Colin|editorial=Crítica|ano=1985|ISBN=9788474232646|ref=}}</ref>.
 
O 16 de xuño de 1910 foi nomeado Presidente do Comité Directivo da [[Residencia de Estudiantes]], creada o 6 de maio dese mesmo ano. O 2 de marzo de 1915 foi confirmado nol cargo de Director do [[Centro de Estudos Históricos]], que viña exercendo desde a súa creación. O 21 de maio de [[1926]] foi elixido vicepresidente primeiro da [[Xunta de Ampliación de Estudos]]; todas estas institucións estaban vinculadas cos principios propugnados pola [[Institución Libre de Enseñanza]], e de feito unha das súas fillas foi a pedagoga [[Jimena Menéndez Pidal Goyri]], fundadora do centro de ensinanza Colegio Estudio, cuxo ideario recollía o espírito da ILE.