Wikipedia:A Taberna (políticas): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Parroquias civís: fotos de igrexas
Liña 57:
:::Si pero eu edito sempre co mesmo nome, non con varias IP coas que non se sabe se son a mesma persoa ou non. De todos modos isto non é un foro, xa se explicou o criterio que se segue e por mi parte dou por pechado este tema. Un cordial saúdo. --[[Usuario:AMPERIO|AMPERIO]] ([[Conversa usuario:AMPERIO|conversa]]) 27 de febreiro de 2018 ás 23:54 (UTC)
::::Estou de acordo co que comenta AMPERIO respecto do uso da Taberna como foro e tamén sobre a facilidade que dá rexistrar un usuario, para este e para o resto. O tema que aquí se trata non me atrae demasiado e vexo certo barullo na forma de expresalo. Aproveito para lembrar que se alguén cre que o nomenclátor (ou outra fontes primarias que aquí nos serven de referencia) ten erros, é alí onde debe comunicalos. Por outra banda, o criterio para a toponimia da Wikipedia en galego está bastante claro e creo que goza dun moi amplo consenso. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 28 de febreiro de 2018 ás 00:01 (UTC)
 
:::::O criterio que aquí se segue xa o sabemos: úsase o nomenclator da xunta coma fonte primaria. En eso xa estamos de acordo. O problema (calificámolo así?) é que se emprega para "citar" (poñer nome) ás parroquias eclesiásticas, e iso non é correcto. Engadimos máis: o que pon en paréntese no topónimo da parroquia civil estase a empregar para nomear as igrexas católicas (imaxes para ilustrar os artigos de parroquias civís -no pé das fotos-), e iso está errado. Todo isto nada ten que ver co nomenclator da xunta. Son erros na galipedia, non da xunta. A ver se agora está todo máis claro. --[[Especial:Contribucións/193.125.196.73|193.125.196.73]] 3 de marzo de 2018 ás 21:14 (UTC)
 
::Dedícome á investigación e podo dicirvos que as advocacións parroquiais son esenciais para min para identificar correctamente un lugar. Se non fose por iso tería moitas confusións ou infinitas dificultades. O feito de que a Galipedia faga constar estes datos, inclíname a empregala por diante da castelá. Non é unha cuestión de defensa da relixión cristiá (impórtame un pito, sinceiramente), senón de que calquera información, por pequena que sexa, é coñecemento.