Francisco Xavier Balmis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Véxase tamén: engado commons
Xoio (conversa | contribucións)
Liña 23:
 
=== A Real Expedición Filantrópica da Vacina ===
{{AP|Real Expedición Filantrópica da Vacina}}
De volta en España, grazas aos seus coñecementos e á súa traxectoria profesional, foi nomeado cirurxián de cámara de [[Carlos IV de España|Carlos IV]]. Convenceu a El-rei para enviar unha expedición a América co obxectivo de propagar a vacina da varíola, acabada de descubrir. Balmis liderou a expedición, que partiu do porto da [[A Coruña|Coruña]] o 30 de novembro de [[1803]] na goleta ''María Pita'', cunha pasaxe formada por un fato de vinte e dous nenos do hospicio daquela cidade, que foron previamente inmunizados e serviron de receptáculos viventes dos anticorpos antivariólicos. De alí viaxaron as illas [[Canarias]], a [[Porto Rico]], [[Puerto Cabello]], [[Caracas]], A Habana, [[Mérida, México|Mérida]], [[Veracruz]] e Cidade de México. A vacina chegou a lugares tan afastados como [[Texas]] polo norte ou [[Vicerreinado de Nova Granada|Nova Granada]] polo sur.