Adalberto de Kent: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 103:
Sæberht, rey dos saxóns orientais tamén morreu aproximadamente na mesma época, e sucedérono os seus tres fillos, ningún deles cristiáns. Unha subseguinte revolta anti-cristiá e a expulsión do bispo Mellitus, sería unha reacción contra a dominación de Kent após a morte de Aethelberht amais de unha oposición pagá ao cristianismo.<ref name="Yorke_48">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 48.</ref>
 
É posible que Aethelberht, alén de Eadbald, tivera outro fillo, Æthelwald. A proba de isto é unha carta papal a [[Xusto de Canterbury|Xusto]], arcebispo de Canterbury de 619 a 625, que fala dun rei chamado Aduluald, quen aparentemente non era Audubald, que é unha forma de Eadbald. Non hai acordo entre os eruditos modernos sobre como interpretar isto: "Aduluald" podería ser unha forma de "Æthelwald", e por iso indicio doutro rei, quizais un sub-rei do Kent occidental; ou tamén pode ser unha transcrición errada de Eadbald.<ref name="Yorke_3233">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 32–33.</ref><ref name="Kirby_39">Kirby, ''Earliest English Kings'', p. 39.</ref>
 
===Celebración litúrxica ===