Reconquista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Cossue (conversa | contribucións)
m engado referencia
Liña 5:
A '''Reconquista''' é o nome co que se coñece tradicionalmente ao proceso histórico por medio do cal os reinos [[cristianismo|cristiáns]] do norte da [[Península Ibérica]] van conquistar progresivamente o [[al-Ándalus]]. Considérase que comeza no [[722]] coa resistencia das sociedades montañesas ó avance dos musulmáns coa [[Batalla de Covadonga]] e vai finalizar no [[1492]] coa conquista do [[Reino de Granada]].
 
Segundo a historiografía recente o termo ''reconquista'' é historicamente inexacto e inapropiado,<ref>{{CómpreCita referenciapublicación periódica|apelidos=Garcia Fitz|nome=Francisco|data=25/03/2009|título=La reconquista: un estado de la cuestión|PMC=|revista=Clio y Crimen|número=6|páxinas=142-215|doi=|ISSN=1698-4374|PMID=|volume=}}</ref>, dado que os reinos cristiáns que van conquistar o territorio andalusí constituíronse como sociedades despois da ocupación islámica da península, a pesar dos esforzos dalgúns monarcas peninsulares para presentarse como herdeiros directos do antigo [[Reino de Toledo|reino visigodo de Toledo]]. Ademais, segundo esta interpretación actual, ''reconquista'' é un concepto parcial, xa que só presenta a visión cristiá deste complexo proceso histórico, obviando o punto de vista dos andalusís. Por tanto tense suxerido como denominacións alternativas '''Conquista cristiá''', '''Conquista [[feudalismo|feudal]] de al-Ándalus''', ou directamente '''Colonización feudal da Península Ibérica''', entre outros nomes.
 
Fai falla ter presente tamén que a colonización de al-Ándalus non é un feito exclusivo hispánico, xa que se explica nun contexto europeo caracterizado pola expansión da sociedade feudal dende o núcleo orixinal do Feudalismo, ó centre de [[Europa occidental]], cara a periferia, sendo así un proceso histórico que responde ós mesmos parámetros que outros procesos contemporáneos como a conquista e colonización inglesa de [[Irlanda]], a expansión alemá ó leste do [[río Elba]] (proceso coñecido co termo ideolóxico de ''[[Drang nach Osten]]'' ou “Marcha ó leste”), e a expansión franca a [[Terra Santa]] mediante as [[Cruzadas]] e a creación do [[Reino de Xerusalén]], entre outros.