Primeira guerra mundial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 46:
 
Na primeira década do século XX consolídanse dous bandos: un central, formado por Italia, o [[Imperio Alemán]] e o [[Imperio Austro-Húngaro]]; e o outro, a ''Entente Cordiale'', formado polo [[Imperio Ruso]] e por Francia. Posteriormente, únese ao segundo grupo o [[Imperio Británico]], que vía no crecemento naval alemán unha ameaza seria. Ata 1914, todos os países organizan as tropas, mercan equipos e trazan diversos plans bélicos durante un periodo coñecido como ''Paz Armada'', en especial o Imperio Ruso, que fora derrotado polo Xapón en 1905 sufrindo unha dura derrota.
[[Ficheiro:Faro de Vigo, 1914, agosto.jpg|miniatura|esquerda|Portada do ''[[Faro de Vigo]]'' do 7 de agosto de [[1914]].]]
 
En agosto de 1914 estoupa a que sería a primeira guerra mundial. Austria-Hungría invade [[Serbia]], o Imperio Ruso decláralle a guerra aos austríacos. O Imperio Alemán declara a guerra a Francia e ao Imperio Ruso. Francia declara a guerra a Austria-Hungría. Os alemáns invaden [[Bélxica]] para chegar a Francia e o Imperio Británico, que garantira a independencia belga, decláralle a guerra ao II Reich.