Vjačeslav Ivanov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Carreira: arranxiño
Liña 11:
A partir de 1980 comeza a traballar con [[Tamaz Gamkrelidze]] nunha nova teoría das migracións indoeuropeas, pola que posteriormente avogaron no seu libro ''Indo-European and Indo-Europeans'' (1995). Entre 1989 e 1993 ocupou un posto no [[Soviet Supremo de Rusia]]. Simultaneamente creou o Instituto de Cultura Mundial e foi o titular da Cátedra de Teoría e historia da Cultura mundial na Universidade de Moscova.
 
Desde finais da década de 1990-2000 Ivanov comparte o seu tempo entre [[Moscova]] (onde ensina na [[Universidade Estatal Rusa para as Humanidades]]) e [[Os Ánxeles]], onde imparte cursos na [[Universidade de California, Los Angeles]]. Tamén traballou como profesor nas Universidades de [[Universidade Stanford|Stanford]] e [[Universidade de Yale|Yale]].
 
É membro de pleno dereito da [[Academia Rusa das Ciencias]] desde 1990, e foi ''Foreign Fellow'' da [[Academia Británica]] desde 1977.