Otto von Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
correción de una palabra
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4660073 de 213.60.135.94 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 75:
[[Ficheiro:Hamburg-Bismarck-Denkmal.jpg|miniatura|Bismarck-Monument, Hamburg]]
[[Ficheiro:Otto von Bismarck.JPG|miniatura|dereita|Otto von Bismarck]]
'''Otto Eduard Leopold von Bismarck-Schönhausen''' nacidonado en [[Schönhausen]] o [[1 de abril]] de [[1815]]<ref name="Wilhelm">{{Cita libro|apelidos=Mommsen |nome=Wilhelm |título=“Introducción”...|páxina= 7}}</ref> e finado en [[Friedrichsruh]] o [[30 de xullo]] de [[1898]]<ref name="Wilhelm" />, coñecido como '''Otto von Bismarck''', foi un [[estadista]], [[burocracia|burócrata]], [[militar]], [[Política|político]] e [[Prosa|prosista]] [[Alemaña|alemán]], considerado o fundador do [[Alemaña#Restauración e revolución (1814-1871)|Estado alemán moderno]]. Durante os seus últimos anos de vida alcumóuselle o «Chanceler de Ferro» pola súa determinación e man dura na xestión de todo o relacionado co seu país,<ref group=n.>Bismarck tivo unha gran cantidade de pseudónimos entre os que destacan o «Chanceler de Ferro» e o «Aniquilador de Cidades».</ref> que incluía a creación dun sistema de alianzas internacionais que asegurasen a supremacía de [[Alemaña]], coñecido como o ''[[Imperio Alemán|Deutsches Reich]]''.<ref name="Wilhelm" />
 
Cursou [[Dereito|estudos de leis]] e, a partir de 1835, traballou nos tribunais de [[Berlín]] e [[Aquisgrán]], actividade que abandonou tres anos máis tarde para dedicarse ao coidado das súas posesións territoriais.<ref name="Richter">{{Cita libro|autor=Richter, Werner |título= “Prólogo de un luchador”..., |páxina= 9}}</ref> En 1847 entrou a formar parte do [[Landtag|parlamento]] [[prusia]]no,<ref name="Richter" /> onde moi pronto se converteu en líder da [[Conservadorismo|á conservadora]].<ref name="Richter" /> Enfrontouse duramente á [[Revolucións de 1848|revolución de 1848]], e por esa época comezou a perfilar o que sería o seu principal obxectivo [[Política|político]]: a [[Unificación alemá|unificación de Alemaña]] e a [[Imperio Alemán|creación do Reich]] desde preceptos autoritarios e antiparlamentarios.<ref>Lerman, Katharine Anne, “Resumen de su vida”..., páx. 7.</ref>