Filloa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
ref DRAG
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 60:
 
De feito hai outro dato contraditorio que invita a pensar que o xeito de cociñar as filloas xa era coñecida incluso polos celtas. Os celtas cociñaban diversos tipos de carnes e outros alimentos enriba de pedras que eran sostidas por coios que encerraban no espazo interior as brasas dunha fogueira medio apagada.
[[Ficheiro:Crêpe rolled up.jpg|dereita|miniatura|200px|A filloa é denominada polos [[Francia|franceses]] co nome de ''[[crêpe]]''.]]
 
Sexa como for, as orixes da filloa seguen a ser escuras e máis se engadimos un dato en relación ao xeito de utilizar a pedra para cociñar. Os indios mexicanos utilizaban pedras rectangulares e lisas moi semellantes ás utilizadas en [[Galicia]] para cociñar algunhas variedades de tortas. O que está claro é que as culturas que tiveron acceso aos cereais, fixeron tortas a base de auga e fariña para se alimentaren (os outros ingredientes a maiores irían aparecendo máis tarde) e, curiosamente a filloa no seu modo sinxelo é iso: auga e fariña.
Nos diversos países a estas tortas feitas a base de auga e fariña (ademais doutros ingredientes engadidos por veces a maiores) dánselle nomes diferentes; así queda por exemplo: "pita" en [[Exipto]] e [[África]], "baklava" en [[Grecia]] e [[Albania]], "blinis" en [[Rusia]], "pasta filo" na cociña oriental, "pancakes" na cultura anglosaxoa, "crêpes[[crêpe]]s" en [[Francia]], "bintzes" en [[Israel]], "plattar" en [[Suíza]], "tortitas" en [[México]], "pfannkucken" en [[Alemaña]], "crispa" ou "crispelli" en [[Italia]]... Dun xeito ou do outro o caso é que en Galicia xa se cociñaban e se coñecían desde hai máis de 300 anos. Por outra banda no nordés de [[Francia]] empezóuselle a dar o nome de crêpe contra o ano [[1800]].
 
Aproveitando os avances tecnolóxicos, os afortunados que teñen e fan filloas na pedra na casa acostuman a conxelalas para todo o ano e consérvanse coma acabadas de facer. Unha vez desconxeladas, pódense acompañar con mel ou [[crema pasteleira]], envolvendo nelas un chourizo asado e tamén fritilas soas ou con calquera recheo coma lacón ou cebola con salmón.