Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Libro de estilo»

m
→‎Ligazóns internas: Cambio de mesma por destas
m (→‎Tempos verbais: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (2))
m (→‎Ligazóns internas: Cambio de mesma por destas)
=== Ligazóns internas ===
{{VT|Wikipedia:Guía/Ligazóns internas|Wikipedia:Como editar unha páxina#Ligazóns internas}}
A utilidade desta enciclopedia multiplícase co uso de [[Wikipedia:Como editar unha páxina#Ligazóns internas|ligazóns internas]]. Recoméndase utilizalas naquelas palabras e termos que axuden a comprender mellor e ampliar a información do artigo. No entanto, un exceso de ligazóns internas nunha páxina ten un efecto pouco estético, polo que non se debe abusar delas. Lembra non pór unha ligazón cada vez que apareza unha palabra: basta con ligar a primeira aparición da mesmadesta.
 
Cómpre comprobar as ligazóns para asegurarse de que apuntan a onde deben e non a un artigo sobre outra materia cun título homónimo. Así mesmo, podes crear ligazóns a páxinas que aínda non existen pero, á hora de facelo, ten presentes as regras existentes para o título dos artigos. Deste xeito, se nunha páxina na que se cite o río Támega queres ligar co artigo que describa este río, terás que facer a ligazón {{Exemplo|río Támega}}, e non só {{Exemplo|!|Támega}}, que non levaría a ningures. Ou se queres ligar co papa Pío X terás que utilizar a fórmula {{Exemplo|Pío X, papa}}, que é o formato de título establecido para os papas. A ferramenta chamada "[[Wikipedia:Detector de homónimos|detector de homónimos]]" pode activarse nas [[Especial:Preferencias|preferencias]] para detectar e marcar con fondo amarelo aquelas ligazóns internas que van dar a páxinas de [[Axuda:Homónimos|homónimos]].
8.556

edicións