Pigmento biolóxico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 88:
Aínda que a bioluminescencia produce luces de cores, realmente a súa forma de dar cor é totalmente distinta da dos pigmentos. Na bioluminescencia a luz orixínase por unha reacción química mesmo en total escuridade, mentres que os pigmentos producen cor cando lles dá luz e absorben algunhas lonxitudes de onda da luz e reflicten outras. Non obstante, aínda que a bioluminescencia non é unha forma típica de pigmentación (propiamente falando), falaremos algo dela e pódese ampliar a información no seu artigo principal. O 90% dos animais mariños producen algún tipo de bioluminescencia. O órgano que emite a bioluminescencia denomínase [[fotóforo]], e está presente en animais como luras, certos peixes, medusas, e en animais terrestres como certos insectos (ver [[vagalume]] e [[luciferina]]). Tamén a producen microorganismos, moitas veces simbiontes nos animais. As luras teñen tanto fotóforos (con bioluminescencia) coma cromatóforos (con pigmentos).<ref>Webexhibits. "Bioluminescence | Causes of Color." WebExhibits. Web. 2 June 2010. <http://www.webexhibits.org/causesofcolor/4ADA.html>.</ref>
 
Os [[coral (animal)|corais]] construtores de arrecifes e [[Actiniarios|anemone]]s, producen [[fluorescencia]]s; a luz é absorbida a unha lonxitude de onda non visible, e reemitida a outra visible. Estes pigmentos poden actuar como filtros solares naturais, axudar á fotosíntese (de algas simbióticas), servir como [[coloración animal|coloración]] de advertencia, atraer parellas, asustar rivais ou confundir aos predadores.
 
=== Cromatóforos ===