Igrexas ortodoxas orientais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m Igrexa (comunidade)
Liña 1:
As '''Igrexas ortodoxas orientais''' son aquelas [[igrexa (comunidade)|Igrexas]]s [[cristianismo oriental|cristiás orientais]] que aceptan tan só os tres primeiros [[concilio ecuménico|concilios ecuménicos]] ([[Primeiro Concilio de Nicea]], [[Primeiro Concilio de Constantinopla]] e [[Primeiro Concilio de Éfeso]]). Rexeitaron as [[definición dogmática|definicións dogmáticas]] do [[Concilio de Calcedonia]] do [[451]]. Tamén son coñecidas como igrexas orientais antigas, miafisitas ou non calcedonianas; e descritas tanto polo [[cristianismo occidental]] como pola [[Igrexa Ortodoxa]] como igrexas [[monofisitas]] (aínda que elas mesmas rexeitan esta descrición como inexacta, por ter rexeitado as ensinanzas de [[Nestorio]] e [[Eutiques]]).<ref name="first seven">{{cita libro|apelido=Davis, [[Compañía de Xesús|SI]]|nome=Leo Donald|título=The First Seven Ecumenical Councils (325-787): Their History and Theology (Theology and Life Series 21)|ano=1990|editor=Michael Glazier/Liturgical Press|lugar=Collegeville, MN|isbn=978-0-8146-5616-7|páxina=342}}</ref> Estas igrexas están en [[plena comuñón]] entre elas, aínda que son totalmente independentes.
 
Non se debe confundir ás igrexas ortodoxas orientais coas diferentes [[igrexa ortodoxa|igrexas ortodoxas]]. A comuñón ortodoxa oriental abrangue seis igrexas: a [[Igrexa Ortodoxa Copta]], a [[Igrexa Ortodoxa Etíope]], a [[Igrexa Ortodoxa Eritrea]], a [[Igrexa Ortodoxa Siríaca]], a [[Igrexa Ortodoxa Siria Malankara]] e a [[Igrexa Apostólica Armenia]].<ref>[http://www.wcc-coe.org/wcc/what/ecumenical/ooc-e.html Oriental Orthodox Churches]</ref> Estas igrexas, malia estar en comuñón entre elas, son xerárquicamente independentes.