Celestino III, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: igrexa (comunidade)
Liña 31:
 
== Traxectoria ==
De nome '''Giacinto Bobone''',<ref>''The New Cambridge Medieval History'', Vol.1, Ed. David Luscombe, [[Jonathan Riley-Smith]], ([[Cambridge University Press]], 2004), 417.</ref> naceu no seo da familia [[Orsini]], unha caracterizada familia nobre romana e durante 47 anos serviu á [[Igrexa (comunidade)|igrexa]] en calidade de [[Cardeal (catolicismo)|Cardeal]] [[Diácono]]<ref>''The New Cambridge Medieval History'', Vol.1, 417</ref> ata que en 1191, á idade de 85 anos, subiu ao solio para o que tivo que tomar as ordes sacerdotais o día antes do seu consagración.
 
Ao día seguinte coroou ao emperador [[Henrique VI do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique VI]] nunha cerimonia que simbolizou a supremacía absoluta do emperador que se poñerá de manifesto nas futuras relacións entre ambos. Así, cando Henrique VI ordenou asasinar ao bispo de [[Lieja]], [[Alberto dei Lovanio]], o papa nin tan sequera ousou recriminalo; e cando mantivo prisioneiro ao rei inglés [[Ricardo Corazón de León]], que por orde súa capturara o duque de Austria [[Leopoldo V]] mentres regresaba da [[Terceira Cruzada]], só se atreveu a excomungar a leste, e Ricardo só recuperou a liberdade tralo pago dun cuantioso rescate a Henrique.