Sacro Imperio Romano Xermánico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rei dos Romanos -> Rei de Romanos
Sen resumo de edición
Liña 92:
 
* Nunca tivo vocación de converterse en estado nación, a pesar do carácter xermánico da maior parte dos seus gobernantes e habitantes. Dende os seus inicios, o Sacro Imperio estivo constituído por diversos pobos, e unha parte substancial da súa [[nobreza]] e cargos electos procedía de fóra da comunidade xermano-falante. No seu apoxeo, o Imperio englobaba a maior parte das actuais [[Alemaña]], [[Austria]], [[Suíza]], [[Liechtenstein]], [[Bélxica]], [[Países Baixos]], [[Luxemburgo]], [[República Checa]] e [[Eslovenia]], así como o leste de [[Francia]], o norte de [[Italia]] e oeste de [[Polonia]]. E con eles os seus idiomas, que comprendían multitude de dialectos e variantes dos que formarían o alemán, o italiano e o francés, ademais das linguas eslavas. Doutra banda, a súa división en numerosos territorios gobernados por príncipes seculares e eclesiásticos, bispos, condes, cabaleiros imperiais e cidades libres facían del, polo menos na época moderna, un territorio moito menos unido que os emerxentes estados modernos que tiña ao seu redor.<ref>[http://www.heraldica.org/topics/national/hre.htm The Holy Roman Empire], en Heraldica.org.</ref>
* A diferenza das confederacións, o concepto de Imperio non só implicaba o goberno dun territorio específico, senón que tiña fortes connotacións relixiosas (de aí o prefixo ''sacro''), e durante moito tempo mantivo un forte ascendente sobre outros gobernantes do orbe cristián. Até [[1508]], os reis alemáns (titulados como [[rei de Romanosromanos]]) non eran considerados como emperadores até que o [[papa]], vigairo de [[Cristo]] na terra, coroábaos formalmente como tales.<ref name="Johnson">Johnson, Lonnie R. ''Central Europe: Enemies, Neighbors, Friends'' (1996), Oxford University Press, [http://books.google.com/books?id=e_m13Hk3AFEC&pg=PA13&source=gbs_toc_r&cad=4#v=onepage&q&f=false p. 23].</ref>
 
O imperio, xa que logo, podería describirse como unha conxunción entre un estado e unha confederación de carácter relixioso.
Liña 110:
Converterse en emperador requiría acceder previamente ao título de rei dos alemáns (''Deutscher König''). Dende tempos inmemoriais, os reis alemáns foran designados por elección. No [[século IX]] era elixido entre os líderes das cinco tribos máis importantes ([[francos]], [[saxóns]], [[bávaros]], [[Suabia|suabos]] e [[Turinxia|turinxios]]), posteriormente entre os duques laicos e relixiosos do reino, reducíndose finalmente aos chamados ''Kurfürsten'' (príncipes electores). Finalmente, o colexio de electores quedou establecido mediante a [[Bula de Ouro]] ([[1356]]). Inicialmente había sete electores, pero o seu número foi variando lixeiramente a través dos séculos (véxase [[Príncipe elector|príncipes electores]] para máis detalles).
 
Até [[1508]], os recentemente elixidos reis de Alemaña (oficialmente ''Rex Romanorum'', rei de Romanosromanos) debían trasladarse a Roma para ser coroados emperadores polo papa. Porén, habitualmente o proceso demorábase até a resolución dalgúns conflitos crónicos: imporse no inestable norte de Italia, resolver disputas pendentes co patriarca romano, etc.
 
As tarefas habituais dun soberano, como decretar normas ou gobernar autonomamente o territorio, foron sempre, no caso do emperador, sumamente complexas. O seu poder estaba fortemente restrinxido polos diversos líderes locais. Dende finais do século XV, o ''Reichstag'' estableceuse como órgano lexislativo do imperio, unha complicada asemblea que se reunía a petición do emperador, sen unha periodicidade establecida e en cada ocasión nunha nova sede. En [[1663]], o ''Reichstag'' transformouse nunha asemblea permanente.
Liña 163:
[[Ficheiro:Europe mediterranean 1097.jpg|miniatura|250px|dereita|O Imperio en 1097.]]
 
[[Conrado III]], [[rei de Romanosromanos|rei de Alemaña]] chegou ao trono en [[1138]] e comezou unha nova dinastía, a dos [[Hohenstaufen]]. Con ela o Imperio entrou nunha época de apoxeo baixo as condicións do [[Concordato de Worms]] de [[1122]]. Deste período cabe destacar a figura de [[Federico I Barbarroxa]] (rei dende 1152, emperador en 1155–1190).
 
Baixo o seu reinado tomou forza a idea de romanidade do Imperio, como modo de proclamar a independencia do emperador respecto á Igrexa, pero simultaneamente rebautizou ao Imperio como "Sacro imperio" (é dicir, "sagrado", pero baixo os ditados do rei, non do papa).
Liña 188:
As tropas imperiais sufriron unha gran derrota e Federico viuse forzado a firmar a [[paz de Venecia]] (1177) coa que recoñeceu a Alexandre III como [[papa]] lexítimo. Ao mesmo tempo, recoñecía ás cidades o dereito de construír murallas, de gobernarse a si mesmas (e o seu territorio circundante) elixindo libremente aos seus maxistrados, de constituír unha liga e de conservar as costumes que tiñan "dende os tempos antigos". Este amplo grao de tolerancia, ao que o historiador [[Jacques Le Goff]] chama "güelfismo moderado", permitiu crear en Italia unha situación de equilibrio entre as pretensións imperiais e o poder efectivo das comunas urbanas, similar ao equilibrio logrado entre o imperio e o papado a través del [[Concordato de Worms]] (1122) que resolveu a [[Querela das Investiduras]].
 
O reinado do último dos Hohenstaufen foi en moitos aspectos diferente dos seus predecesores. [[Federico II Hohenstaufen]] subiu ao trono do [[Reino de Sicilia]] sendo aínda un neno. Mentres, en Alemaña, o neto de Barbarroxa, [[Filipe de Suabia]], e o fillo de [[Henrique o León]], [[Otón IV]], disputáronlle o título de rei de Romanosromanos (rei de Alemaña). Despois de ser coroado emperador en [[1220]], arriscouse a un enfrontamento co papa ao reclamar poderes sobre Roma; logrou tomar [[Xerusalén]] mediante un acordo diplomático na [[Cruzadas|Sexta Cruzada]] ([[1228]]) cando aínda pesaba sobre el a excomuñón papal. Proclamouse a si mesmo [[Reino de Xerusalén|rei de Xerusalén]] en 1229 e tamén obtivo este título en [[Belén]] e [[Nazaret]].
 
Á vez que Federico elevaba o ideal imperial ao seu punto álxido, comezaron tamén os cambios que o levarían á súa desintegración. Por un lado, concentrouse en establecer un Estado de gran modernidade en Sicilia. Pero á vez, Federico foi o emperador que máis poderes cedeu ante os príncipes alemáns. E isto fíxoo mediante a instauración de dous medidas de longo alcance que nunca revogaría o poder central.