Frederico II de Suabia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 37:
En [[1120]] (ou en [[1121]], segundo os autores) Federico casou con [[Xudite de Baviera e Welf|Xudite de Baviera]], filla de [[Henrique IX de Baviera|Henrique o Negro]], membro da poderosa (e inimiga) [[casa de Welf]].
 
Despois da morte de Henrique V, o [[24 de setembro]] de [[1125]], reuníronse os grandes do Reino para elixir sucesor do [[reiRei dosde Romanosromanos]] (título oficial dos reis de Alemaña). O duque Federico II de Suabia foi o primeiro pretendente á coroa, para o que contaba co apoio do seu irmán menor [[Conrado III|Conrado]], [[Franconia|duque de Franconia]] e outras casas nobres. Pero, por razóns políticas, os [[electorado|electores]], liderados polos [[Saxonia|saxóns]], elixiron o duque [[Lotario II do Sacro Imperio|Lotario de Suplinburgo]], que foi coroado anos despois, en [[1133]], como emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], reinando como Lotario II.<ref>Nalgunha historiogafía menciónase como Lotario III.</ref>{{Harvnp|Bryce|1913|p= xxxix}} {{Harvnp|Comyn|1851|p= 191}}
 
Federico recoñeceu, nun principio, ao novo reiRei dosde Romanosromanos, pero no outono de 1125 rebelouse contra el. Durante unha batalla, Federico perdeu un ollo e, consecuentemente, perdeu tamén os dereitos ao trono, porque carecía da necesaria integridade corporal. En [[1135]] compareceu ante o rei Lotario como penitente, e foi indultado.
Despois da morte de Xudite, en [[1132]] casou con Inés de Saarbrücken, filla do conde Federico de Saarbrücken.