Cidade da Cultura de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 52:
* '''[[Arquivo de Galicia]]'''. Conta con 11.225 m² útiles. Pretende ser cabeceira e centro de referencia do sistema galego de arquivos e ten como misión a de recibir, custodiar e poñer a disposición dos cidadáns todos aqueles documentos que, polo seu valor, necesiten ser conservados. Foi inaugurado o 11 de xaneiro de 2011.
* '''[[Museo de Galicia]]'''. Conta con 20.734 m² útiles. O seu programa de usos inclúe un proxecto museográfico dedicado ao pasado e presente de Galicia, e albergará exposicións temporais e actividades de formación e divulgación. O edificio foi inaugurado o 31 de outubro de 2011 pero ata o mes de xuño de 2012 non comezou a estar en funcionamento, ó ser inaugurada o [[15 de xuño]] a exposición "[[Gallaecia Petrea]]".
* '''Centro da Música e das Artes Escénicas'''. Contaría con 35.430 m² útiles. Tería un auditorio con capacidade para 1.300 persoas, ademais doutras salas de menor dimensión, axeitadas para a experimentación e as accións formativas e de intercambio profesional. No ano 2011, a Xunta de Galicia acordou a suspensión das obras por mor da crise económica ata o 2014.<ref>[http://www.farodevigo.es/galicia/2011/10/29/suspension-obras-cidade-da-cultura-2014-costara-447000-euros/592796.html "La suspensión de las obras en la Cidade da Cultura hasta 2014 costará 447.000 euros"] ''[[Faro de Vigo]]''.</ref>
* '''Centro de arte internacional'''. Tería 13.685 m² útiles. Prevíase que o seu uso fose o dun centro de [[arte contemporánea]] para as relacións artísticas entre [[Latinoamérica]] e [[Europa]]. A súa construción tamén foi suspendida.
* '''Edificio de servizos centrais'''. Conta con 6.291 m² útiles e acolle os servizos de xestión e loxística. Alberga oficinas, espazos para o persoal e salas de usos múltiples.