Jim Henson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Biografía}}
'''James Maury "Jim" Henson''', nado o [[24 de setembro]] de [[1936]], e finado o [[16 de maio]] de [[1990]], foi un artista, creador de [[monicreque]]s, debuxante, guionista e director [[Estados Unidos de América|estadounidense]] que acadou a fama internacional por ser o creador de [[the Muppets]]. Naceu en [[Greenville, Mississippi]] e criouse en [[Leland, Mississippi]] e [[Hyattsville, Maryland]].<ref name="Britannica">{{cita publicación periódica |título=Jim Henson |editor=[[Encyclopædia Britannica]]. Encyclopædia Britannica Online. |editorial=[[Encyclopædia Britannica Inc.]] |ano=2012 |dataacceso=24 de setembro de 2012 |url=http://www.britannica.com/EBchecked/topic/262164/Jim-Henson |deadurl=no |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20121015203441/http://www.britannica.com/EBchecked/topic/262164/Jim-Henson |dataarquivo=15 de outubro de 2012}}</ref>
'''James Maury "Jim" Henson'''
 
Henson comezou a desenvolver [[monicreque]]s mentres ía ó instituto. Creou ''[[Sam and Friends]]'' mentres era estudante de primeiro ano na [[Universidade de Maryland]], un espectáculo cómico de cinco minutos que apareceu na televisión. Graduouse na Universidade de Maryland en economía, despois do cal produciu anuncios de café e desenvolveu algúns filmes experimentais. Fundou Muppets, Inc. en 1958, que se converteu en [[the Jim Henson Company]].
 
Henson fíxose famoso na [[década de 1960]] cando se uniu ó programa educativo infantil ''[[Sesame Street]]'' para desenvolver personaxes para a serie. Apareceu no programa de comedia ''[[Saturday Night Live]]''. Produciu ''[[The Muppet Show]]'' en 1976, despois de rexeitar plans para un espectáculo de [[Broadway]]. Acadou fama polas súas creacións, especialmente [[Kermit the Frog]], [[Rowlf the Dog]] e [[Ernie (Sesame Street)|Ernie]], coas cales traballou en ''Sesame Street'' durante 20 anos. Durante os derradeiros anos da súa vida, tamén fundou [[Jim Henson Foundation]] e [[Jim Henson's Creature Shop]]. Gañou dúas veces un [[Premios Emmy|Emmy]], polo seu traballo en ''[[The Storyteller]]'' e ''[[The Jim Henson Hour]]''.
 
Henson morreu por [[síndrome do choque tóxico]] o 16 de maio de 1990 con 53 anos, 20 horas despois de experimentar unha emerxencia médica.<ref name="altman">{{cita novas| apelido =Altman| nome =Lawrence| título =The Doctor's World; Henson Death Shows Danger of Pneumonia| editor =The New York Times| data =29 de maio de 1990| url =https://query.nytimes.com/gst/fullpage.html?res=9C0CE7D6133BF93AA15756C0A966958260&sec=health&spon=&pagewanted=all| dataacceso =19 de xuño de 2007| deadurl =no| urlarquivo =https://web.archive.org/web/20071016193259/http://query.nytimes.com/gst/fullpage.html?res=9C0CE7D6133BF93AA15756C0A966958260&sec=health&spon=&pagewanted=all| dataarquivo =16 de outubro de 2007}}</ref><ref name=Sherris>{{cita libro | autor = Ryan KJ; Ray CG (editors) | título = Sherris Medical Microbiology | edición = 4ª | editorial = McGraw Hill | ano = 2004 | páxinas= 276–286| isbn = 0-8385-8529-9 }}</ref> Foi incluído postumamente no [[Paseo da Fama de Hollywood]] en 1991, e foi escollido como unha das [[Disney Legends]] en 2011.
 
== Notas ==