Diferenzas entre revisións de «Tsarévich»

sen resumo de edición
 
'''Tsarévich''',<ref>{{DRAG|Tsarévich}}</ref> (en ruso: Царевич), é un termo eslavo para referirse ó fillo do [[tsar]]. O título de tsarévich era só utilizado para referirse ó herdeiro ó trono, o resto dos fillos do tsar tiñan o título de Gran Duque.
 
O último tsarévich de Rusia foi [[Aleksei Nikolaevich Romanov]], fillo de [[Nicolao II de Rusia]], nado en [[1904]] e morto en [[1918]] xunto ó resto da súa familia na [[casa Ipatiev]] de [[Ekaterinburgo]] durante a [[Revolución Rusa de 1917|Revolución rusa]].
 
En tempos anteriores, o título tamén se empregaba para os descendentes dos khanes (tsares) de [[Kazán]], [[Kasimov]], e [[Siberia]] logo de que estes fosen anexionados por [[Rusia]].
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
{{control de autoridades}}